Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


21/1/11

DESORIENTADO 19


Sara sempre fóra distinta.  Para empezar, era a única estranxeira no proxecto. O seu recrutamento foi coidadosamente planificado dende Kishinev, e todo semellaba ir sobre rodas. A segunda fase do proxecto comezara coas posibilidades de expansión na captación de suxeitos de experimentación fóra do país. Moldova non é moi grande, e se quedou pequena enseguida para poder experimentar con suxeitos tan especiais como requirían as circunstancias.
Nina chegou ao segundo control, formado por unha rexa metálica na que se adiviñaba a silueta dun portixolo. Para que se abrise, Nina tiña que ollar á dereita ao chegar á rexa, e colocar a faciana nun lector biométrico de retina BM-ET20.  En menos de 1 segundo o sistema recoñecía os parámetros da retina da Directora e a porta se abría. En caso de que houbese 3 intentos fallidos de recoñecemento, a rexa se electrificaba de xeito que producía unha descarga ata unha distancia de 30 cm, dabondo para desvanecer a calquera que se tivese achegado ata o lector.
Unha vez ao outro lado da rexa, Nina, lonxe de relaxarse, tomou máis coidado conforme avanzaba pola gruta. Apagou o frontal, xa que a iluminación ía gañando en intensidade conforme se internaba no corredor. Os leds que aparecían cada 1,5 m ao longo das paredes proporcionaban luz dabondo para que non houbese problemas ao avanzar polo corredor, un espléndido tubo natural de rocha de 3 m de diámetro que posuía unha lixeira inclinación hacia abaixo. Nina lembrou cun sorriso cómo reaccionou o equipo a primeira vez que chegaron ata o corredor. Foi unha sorpresa moi agradable. Un tubo natural de ese tamaño e coas concrecións de aragonito que atoparon foi un espectáculo irrepetible. E, pensou Nina, o de irrepetible foi así, xa que a soa presenza do equipo fixo que as helícticas de aragonito, cristalizadas en ortorromboides e cunha lonxitude media de 35 cm (35 cm !!) arredor do perímetro do tubo e ao longo de toda a súa extensión, comezaran a romperse en cadea.

1 comentario:

  1. Mola "Desorientado".
    Cando remate terias que autopublicalo e facerte famoso.

    ResponderEliminar