Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


26/1/11

RASL, de Jeff Smith

De novo grazas a Zeke, tiven o pracer de ler estes días RASL, de Jeff Smith. Para quen non conoza a Jeff Smith, só dicir unha palabra: BONE

Dito isto, o certo é que comecei a lectura desta nova obra con bastante escepticismo (por dicilo dun xeito suave). Ao mellor é esta época na que estou inmerso que me fai chegar á hora de lectura (como si fose algo invariable...jejej) as máis das veces canso e sen ánimos (dous nenos pequenos son traballosos, e agradeces o momento no que quedan felizmente durmidos...). O caso é que enseguida me decatei que esta historia tiña algo máis.

Ademáis dos debuxos, totalmente distintos aos de BONE pero con esta estética tan limpa, sen elementos superfluos e con esa luminosidade que o caracteriza, o guión está, ao meu parecer, firmemente sostido sobre todo polo estudo que o autor fixo da vida e obra de Nikola Tesla. Este físico, matemático, inventor e enxeñeiro eléctrico foi un dos promotores da electricidad comercial, e tamén o inventor da radio (atribuido en principio a Marconi, que usou patentes de Tesla para desenvolver a radio a nivel comercial).
Pois ben, Jeff Smith aproveita a fama de científico tolo que perseguiu a Tesla durante parte da súa vida para montar unha historia tendo en conta os últimos datos da física cuántica e o concepto de universos paralelos.

E o fai ben. Moi ben (ainda non lin o seguinte volume, no que se supón que se aclarará todo) sobre todo porque as personaxes que aparecen están solidamente construidas, e iso se nota.

Outro acerto de lectura para engadir á listaxe de obras das que teño bos recordos. Todo o que les o aproveitas (pode ser para ensalzalo ou para criticalo), pero algunhas obras che sentan ben... coma ésta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario