Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


29/4/10

Operación de rescate no Annapurna

Ao final non puido ser, e o corpo de Tolo Calafat, o escalador do equipo de Juanito Oiarzabal quedará a 7.600 m no Annapurna. As labores de rescate foron suspendidas ás 6:00 h desta mañán.  O helicoptero que opera na zona, e que é quen de subir ata alturas superiores a 7.000 m, non puido acercarse ao escalador polo mal tempo.
Descendendo o Annapurna tamén se atopaba o equipo da escaladora coreana "El equipo coreano -liderado por Miss Oh- está aquí en el campo 4 y están recogiendo sus cosas y se bajan", segundo un compañeiro de Juanito, non se chegou a un acordo económico cos Sherpas (dícese que se lle ofreceron ata 6.000 € a cada un) e non subiron a polo escalador mallorquín.



Parece incrible que nun lugar como a alta montaña non se chegue a un acordo para subir a por un escalador, condenándoo a unha morte segura.

Espero poder ampliar máis esta entrada, pode dar para bastantes horas de debate.
-----------
Onte pola mañán, o Director de "Al Filo de lo Imposible" Sebastián Álvaro, citaba a un famoso escalador británico, que dixo algo así como que "A piedade no Himalaya remata aos 5.000 m de altura".  Isto indica qué diferente debe ser tomar unha decisión como a de non subir a por un compañeiro que está a 300 metros de ti (300 m lineais en vertical, ollo) si tivésemos que facelo nun campamento a 7.000 m. de altura, con edemas nos ollos de dificultan a visión, conxelacións parciais nas extremidades e despois dunha escalada infernal, a unha das montañas máis arriscadas.
Non esquezamos que O 23 de maio de 2008 falece o montañeiro navarro Iñaki Ochoa de Olza debido a un edema cerebral e pulmonar que lle provocou o feito de estar exposto a alturas limites para a vida durante un tempo maior do recomendado. A pesar das atencións sanitarias que lle prestou, pasando xunto ao máis de 72 horas en altura, o romanés Horia Colibasanu, e malia a angustiosa operación de rescate emprendida polo suízo Ueli Steck, quen ascendeu primeiro 7.400 metros de altitude só para axudarlle. Entre tanto, case 14 escaladores xogábanse a vida, con ascensións vertixinosas pola parede, para intentar salvar un compañeiro, pero finalmente Iñaki non aguantou máis. A súa familia decidiu non levar a cabo unha operación de rescate do seu corpo para non poñer en perigo os seus compañeiros de expedición.

Esta montaña ten unha tasa de morte (nº de alpinistas que tentaron acadar a cima/nº alpinistas mortos) escalofriante: o 40 % dos que o tentaron non viviron para contalo.

Horia Colibasanu arriscou a súa vida en maio do pasado ano 2009 cando decidiu permanecer durante catro días a 7.400 metros coidando do pamplonés Iñaki Ochoa del Olza, que sufría unha lesión cerebral e outra pulmonar e que finalmente perdeu a vida. Colibasanu, nun relato estremecedor, explica en 'Informe Robinson' como foi aquel ascenso xunto a Iñaki e as complicacións que xurdiron no descenso e que remataron coa vida do navarro, ao igual que agora pasou con Tolo Calafat.

Un ano despois da traxedia que viviu xunto a Iñaki, o romanés decidiu volver ao Annapurna para homenaxear o seu amigo e tamén o martes, ao igual que Calafat, Oirzabal e Pauner, fixo cumio no Annapurna onde enarborou unha bandeira de Navarra en recordo de Ochoa del Olza.

No seu descenso Colibasanu volveu encontrarse cun novo infortunio no que estaba involucrado un montañeiro español. O romanés, ao que a familia de Iñaki Ochoa del Olza cualifica como "o mellor anxo da garda que un pode ter", permaneceu no Campo IV, a 7.100 metros, xunto a Pauner e Oiarzábal para intentar o rescate de Calafat. Rescate que foi imposible.


Cóstame moito comprender todo isto sentado aqui, nunha silla, diante do PC, tranquiliño, sen ter que decidir sobre a vida ou a morte non só de mín mesmo, senón de algún compañeiro de cordada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario