Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


5/4/10

desorientado 3

jueves 18 de marzo de 2010


desorientado 3

Isto non me gusta nada. Non lembro nada do que fixen onte, non sei onde estou nin como cheguei aquí e esta non é a miña casa. Merda! Por moito que mire polas fiestras, non recoñezo este sitio. Semella un barrio residencial, pegado ao monte polo Norte, cun só camiño que chega ata o portalón da casa na que fun espertar. Meu, isto é de tolos. Despois de revisar toda a casa, teño claras varias cousas (e a ostia de escuras o resto): A casa Clic é unha construcción en pedra de dúas plantas, de aproximadamente 8x9 m construídos. Na planta de abaixo atópase a cociña, comunicada co salón, un baño e unha habitación coa pechadura botada. Mosquéame iso, xa que a porta da habitación aparentemente Clic é coma a dos outros cuartos, pero nótase fría, moi fría. Non é de madeira, así que supoño que éstá blindada ou algo. Despois volverei sobre ela. Na planta de arriba, á que se accede por unhas escaleiras que comezan no corredor entre a cociña e o salón hai 1 baño amplo con fiestra e 3 habitacións. Non son ningunha experta revisando casas, pero teño unha grande inquedanza. As camas das 3 habitacións (a que espertei eu e as outras) están desfeitas, coma se durmisen nelas. Pero non vexo a nin Dios, nin escoito nada aparte do ouveo dun can, algo lonxano no camiño. Como adoito Clic andar sempre sen reloxio, non sei que hora é, pero teño unha fame do demo. Na cociña, mentres preparo un café, abro tódolos caixóns e armarios buscando algo que levarme á boca, pero quedo pampo fitando para o contido dun dos armarios. Qué carallo fai nun armario da cociña dunha casa (descoñecida, iso si) unha Coliwasa?

No hay comentarios:

Publicar un comentario