Acadou sona internacional trala súa morte, coa publicación da súa triloxía de novelas policíacas Millenium, composta polos seguintes títulos: Män som hatar kvinnor (Os homes que odiaban ás mulleres), Flickan som lekte med elden (A rapaza que xogaba con lume) e Luftslottet som sprängdes (O castelo de aire que foi voado).
Profundamente involucrado na loita contra o racismo e a ultradereita, participou a mediados dos anos 80 na fundación do proxecto antiviolencia Stop the Racism. En 1995 foi un dos promotores da Fundación Expo, adicada a "estudar e cartografar as tendencias antidemocráticas, de extrema dereita e racistas da sociedade". Dende 1999 foi director da revista de dita fundación, tamén chamada "Expo" Escribiu varios libros de investigación periodística sobor dos grupos nazis do seu país e das conexións entre a extrema dereita e o poder político e financieiro.
Á marxe do seu interese literario, a Triloxía Millenium está considerada coma unha obra de "relevancia social", tanto pola construción simbólica que fai dos personaxes femininos como por tratar unha das maiores lacras da sociedade actual, coma é a violencia de xénero.
---
Ben, ata aqui o que di a wikipedia sobre o autor e a súa obra. A miña opinión dos libros é a seguinte:
(poño os títulos en castelán xa que os libros os lin nesa lingua):
"Los hombres que no amaban a las mujeres".

Creo que esa é outra clave do éxito. En xeral somos morbosos. Gústannos as desgrazas (alleas). Si somos bos, gústannos as desgrazas (alleas) leves; que non sexan moi escandalosas, pero si que existan, para que o outro/a non poida ír por ahí coa cabeza ben alta. Para dicir "menos fumes, que eu sei que tes roupa ben suxa". Pois creo que cos libros de Larsson algo así pasou, a nivel caseque mundial... de súpeto, a sociedade do benestar sueca veuse abaixo (literariamente) salpicada por escándalos (novelados) de violencia de xénero, corrupción, estafas, xenofobia, etc.
"La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina".

Creo que o esforzo do autor por aumentar unha conxura ata niveis estatais e supraestatais é loable, pero non chega a ser de todo crible (é a miña humilde opinión).
"La reina en el palacio de las corrientes de aire".

Como se pode supoñer, a historia queda aberta para continuacións, pero ata que se arranxen os problemas de dereitos derivados da inoportuna (coma todas, non?) morte do autor, creo que tardaremos bastante en ter noticias de Lisbeth Salander e compañía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario