Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


4/5/10

Desorientado 7


Agora xa me sinto mellor. Meu, o que fai unha cunca de café e unhas bolachas (ainda que sexan integrais e estéan algo resesas) na cabeza, no corpo e no ánimo, sobre todo. Agora toca saber qué pinto eu aqui, nun corpo que non é o meu e dentro dunha casa pechada (as portas da cociña e principal están co pasador posto). Mosquéame a porta pechada e totalmente conxelada que hai no piso de abaixo. Teño que vela máis de preto, cun parafuxador ou algo. Tamén me intriga sobremaneira a coliwasa. Non vexo por ningures un lugar para analisar as supostas mostras que se conseguen co aparello. Como non sexa.. podería ser!  A porta pechada pode ser unha especie de laboratorio caseiro de análise, pero, con que fin?
Volvo repetirme que estou moi tranquila dado o feito de atoparme noutro corpo, como si xa estivese nesta situación antes click pero non lembro nada concreto. O que si teño é un bulto que sobresae do meu coiro cabeludo na zona da caluga, como a un polgar do occipital. Ahi noto algo, e teño como unha cicatriz. O que non sei é a súa orixe. Este corpo non é o meu e non sei que farían con él; ou tería que empezar a afacerme á idea de que agora este corpo será meu... danme arrepíos só de pensalo. Merda! Eu tiña unha vida fóra destas paredes. Son (era?) unha bioespeleóloga máis ou menos coñecida na miña terra. Estou (estaba?) especializada en fauna das cavernas. É un tema que sempre me apaixoou, e canto terminei bioloxía na Universidade de Vigo, na especialidade de Medio Ambiente e Espazos Naturais, decateime que en toda España non había ninguén que me puidese axudar a afondar na miña paixón.  Por iso mesmo me fun a Moldavia, unha pequena ex-república soviética, entre Romanía ao Oeste e Ucrania ao Este. Alí é onde fixen o meu doutoramento, na cova Emil Racovitâ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario