Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


5/4/10

desorientado 2

miércoles 17 de marzo de 2010


desorientado 2

Algo non vai ben dentro da miña cabeza. E tampouco fóra dela. Ao poñer a roupa tirada aos pes da cama, vexo que me queda pequena. Fodidamente pequena. Meu, isto é raro de collóns. Vou ver agora mesmo o armario roupeiro que hai no cuarto. Mi madriña! Son todos traxes coma os dos executivos, chaquetas e pantalóns dunha cor entre gris clara e escura, e montóns de garavatas de distintas cores. Pero qué carallo pasa aquí. Eu teño 1 traxe, o dos mortos que lle chamo eu; está caseque novo, xa que tampouco é que vaia tódolos días ao enterro dun familiar ou coñecido, pero o teño (debería empezar a dicir tiña?) para esas ocasións unicamente. A min o que me gustan son os pantalóns deportivos, sudadeiras con capucha e zapatillas deportivas cómodas, estilo Mizuno ou Asics (que lle queres, son un pouco elitista para iso). Ademáis, é o que mellor me vai para o que fago, para o meu traballo, se se lle pode chamar así.

No hay comentarios:

Publicar un comentario