Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


5/4/10

desorientado 1

martes 16 de marzo de 2010


desorientado 1

Hoxe levanteime desorientada. Non fun quen de poñer as chanclas ao saír da cama. Pensei que se me ía o mundo. Ao final, acadei a sentarme, e mentres apretaba cunha man a témpora esquerda (cando me doe a cachola sempre é dese lado) puxen as miñas vellas e gastadas pantufas.

Vai frío, carallo... e iso que xa estamos en maio. Pola fiestra non vexo unha merda, está totalmente cuberta de bafo. Debería estar acesa a calefación; non sei que pasa. Recordo que a calefación debería ter acendido, pero non son capaz de recoñecer ao tipo que me mira fronte ao espello. E o peor é que non estou fibrilando de puro nerviosismo. Ata parece que o tomo como algo natural. Algo sucedeu, iso seguro, pero ata que tome un café a miña cabeza (coiro! como aguilloa a dor)non funcionará.

Parece que vivo eu só nesta casa, porque isto é unha casa, iso seguro. Onde está non cho podo dicir, pero semella que non hai moitas arredor. Vexo roupa tirada no chan, aos pes da cama. Tampouco me extraña, pero paréceme distinto, coma se non o fixese eu. Tampouco semella moi cocha, e non ule mal. Poreina, máis que nada por sentirme algo menos núo; en calzóns, con calcetíns de rombos lilas e amarelos enfundados en pantufas vermellas a miña autoestima non está moi alta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario