Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


9/4/10

VIG-BAY 2010

Este domingo, día 11 de abril, se corre a XI edición da Vig-Bay, unha carreira das que máis me gustan. É un medio marathón (21.097 m) que discorre entre as poblacións de Vigo e Baiona.
Unha pena que este ano non houbese entrenado para poder ir, pero cando comezamos no ano 2006 a correr, esta foi unha das primeiras carreiras grandes que fixemos Os Foghetes.

Agora dos antigos membros de Os Foghetes caseque non queda ninguén entrenando, agás Iván, que está coma unha flecha. Sorte para él este domingo.

ánimo!!

Espero poder poñer fotos e tempos da carreira...^^

Percorrido (xentileza da revista Runners):




A saída sitúase na Avenida de Samil (Vigo) ao lado da praia do mesmo nome, dende este punto pódense admirar as Illas Cies, que as teremos presentes durante todo o percorrido grazas á gran baía que forma a ría de Vigo, polo tanto encontrámonos ante un circuíto lineal de gran beleza e moi entretido para o corredor.

En Samil cóbrense os primeiros 4 quilómetros do percorrido, cunha volta a esta avenida dando oportunidade ao público de admirar aos miles de corredores que se congregan cada ano para disputar esta proba. A continuación enfrontámonos á primeira pendente, moi levadeira, duns 400 metros.

Tras pasar o quilómetro 5 que se encontra na Praia da Sirenita, baixamos cara á praia do Vao e nos diriximos cara á localidade de Canido (sétimo quilómetro) neste punto encóntrase a segunda pendente á que debemos enfrontarnos (600 metros) e que unha vez cuberta se transforma nunha lixeira pendente que nos leva ata o quilómetro oito e medio.

A partir deste punto, o circuíto vólvese moi benévolo para o corredor xa que dende o quilómetro 8 situado en Saiáns ata o quilómetro 15 en Praia América, é todo baixada e os restantes totalmente chairos.

Unha vez cuberta Praia América dirixímonos cara á Ramallosa despois de alcanzar o punto quilométrico 17,5 e no cal congréganse centos de espectadores que animan sen cesar cada un dos corredores, dándolles o último empuxón para afrontar os últimos tres quilómetros que os separan da meta situada en fronte á Casa Consistorial do Concello de Baiona.

Unha vez crucemos a meta espéranos un bo avituallamento e un grupo de masaxistas para poder recuperarnos do esforzo. Recordar que a organización pon á nosa disposición autobuses para poder regresar a Samil.


Aqui vai un video do percorrido da Vig-Bay 2010. Disfrutádeo!


1 comentario:

  1. Anónimo10/4/10

    Pois nada, alí estaremos mañá, ás 10:30 na saída, e esperemos que non moito máis tarde das 11:50 na meta.
    Iván

    ResponderEliminar