Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


5/4/10

desorientado 5

miércoles 24 de marzo de 2010


DESORIENTADO 5

Shhhhhhhhhhhhhhhh. Cun son case imperceptible, as portas corredeiras de cristal blindado ábrense para deixar paso a unha muller alta. Alta incluso para a estatura media. Non se pode dicir que fora guapa, pero érache ben proporcionada; unhas longas pernas enfundadas nunhas botas de coiro negro ata o xeonllo, desaparecían cara arriba debaixo da bata de laboratorio, o que non impedía apreciar unhas rotundas cadeiras. De ahí lle viña o seu alcume, a turbina.
_ Novidades?
_ Acaba de espertar. Semella desorientada, pero as súas constantes son estables. O Chip funciona!
_ Ben, iso é o que quero oir. Vou abaixo, avisádeme si varía algo. Xa estivo espreitando polos cuartos?
_Sip, parou diante da sala cryo, pero debía ter fame, que desde esas, está na cociña, terminando co pouco leite e bolachas que quedaban. O choio vai ser cando volva o equipo.
_Iso arranxaremolo cando suceda. Canto lles queda?
_ 1 hora e 50 minutos.
_Dacordo. Viron algo novo dende a última comunicación?
_ Nada. Acaban de baixar ao nivel 4. Estano asegurando para poder continuar despois, pero aparte das concrecions Ω non se aprecia nada máis polos visores frontais. De tódolos xeitos, ata que suban non poderemos analisar as mostras.
Ao sair da sala, Nina a turbina xirou á esquerda e camiñou durante 3 minutos por un corredor de 1,5 m de ancho aloumiñado a intervalos regulares por focos que lle daban un aspecto tétrico ao lugar, xa que a luz non chegaba a ser uniforme e quedaban zonas en penumbra entre foco e foco. Ao final do corredor apareceu unha porta, e á dereita da mesma un panel alfanumérico. Marcando un código que tiña memorizado, pulsou Enter e abriu a porta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario