Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


5/4/10

desorientado 4

martes 23 de marzo de 2010


desorientado 4

Pero qué é o que pasa aquí? A ver, un resumo mental rápido: espertei nunha casa en non sei onde, non me recoñezo no espello (incrible, pero é certo... e o peor é que teño problemas máis urxentes que resolver agora mesmo), a roupa que atopo é demasiado pequena para este corpo clic, parece haber máis xente xa que as camas que atopo están desfeitas máis non aparecen á miña vista e ao chegar á cociña desta casa de tolos me atopo un aparello que serve para tomar mostras de aguas subterráneas. Curioso, xa que a apertura só se abre cando o aparello chega a unha determinada profundidade, co fin de tomar mostras dunha fase líquida concreta, normalmente inmiscible.
Meu, isto cada vez vai a peor. Non teño nin idea de qué hora é. O reloxio da cociña sinala as 02:00 AM, pero non se move. Pode levar así 12 horas ou 3 días. Clic Teño que facer algo, pero esta dor non me deixa en paz. No cuarto de baño atopo uns analxésicos, Neobrufen 600, iso servirá un rato. Meto no peto deste traxe gris tódolos sobres do Neobrufen, polo que poida pasar. No espello do baño volvo ver unha cara que non coñezo, pero iso non é o peor. clic O peor é que este corpo é de home, grande (polo menos para o que estou afeita), duns 85 kg de peso e 1,85 m de estatura. De feito me teño que anasar un pouco para verme. Teño (ten) barba escura, ainda que no queixo asoman un grupo de canas que me outorgan un aspecto ata interesante. Se non fose porque eu son (era) unha muller, creo que podería considerarme atractivo.
Cona, non sei que pasa clic. Teño que sair de aquí. Ao chegar á porta principal, decátome que dalgún xeito non estou soa (só) nesta casa. Na esquina superior dereita do corredor principal, colgada na parede da porta principal, hai unha pequena cámara, estilo webcam. Ao facer un percorrido rápido polo resto das habitacións, incluida á cociña, vexo outras webcams en cada oco...

Definitivamente non estou soa. Pero sigo sin saber qué demo pasa aquí. E teño fame, corcio! Sento na cociña, facendo efectivo o dito chinés: “Si tes un problema e non ten solución, para qué te preocupas? E si o problema ten solución, para qué te preocupas?”. Mentres engulo unha cunca de café con leite (desnatada, era o que había no refrixerador) e unhas bolachas integrais (tampouco hai variedade en acompañamento ao almorzo) tento acordar do último que fixen no meu corpo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario