Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


5/4/10

desorientado 6

jueves 25 de marzo de 2010


DESORIENTADO 6

Ao pechar a porta, a turbina quedou un momento cavilando baixo a luz de emerxencia que, enriba do marco metálico, permanecía sempre acesa, mentres non se accionase o interruptor xeral. A sala na que estaba non tiña fiestras. Un amplo tramo de escaleiras separaba a posición da porta do nivel do solo, uns 6 m lineais. Arredor, unhas paredes de formigón armado soportaban un teito sen columnas no medio, flotante, que facía á sala máis grande do que xa era, aproximadamente duns 40 x20 m. E no medio da sala, o oco.
A turbina fitouno matinando que algo se lle podía escapar, pero ese algo aínda non tiña nome. Baixando quedamente os chanzos, chegou ao nivel do solo, ao nivel ß. Semellaba cansa, coma se os últimos 6 anos os vivise a unha intensidade o dobre da normal. Pero o que había alí abaixo ben pagaba a pena, non?
O equipo básico se atopaba no seu despacho, aliñado na parede dereita xunto cos do resto do equipo. Nina foi poñendo o casco con ilumiñación frontal estanco, unha polar trango impermeable, o traxe de pescador, os guantes e as botas de goma con sola tractor. Colleu ademáis a súa mochila impermeable con roupa de recambio e colgou do pulso a linterna estanca, unha panasonic BF237 (moi asequible de prezo máis con boas prestacións). Por último puxo o chaleque salvavidas e se dispuxo a entrar no oco central.
O burato na terra medía uns 7 m de diámetro, o que lle daba un aspecto realmente inquedante, coma se de alí puidesen saír todos demos do mundo, cousa que Nina desbotaba como posibilidade real; era unha científica, relixiosa, iso si, pero científica á fin, formada na Facultade de Química de Minsk, baixo o férreo control do kremlin, cando (matinou con saúdade) a U.R.R.S significaba algo no mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario