Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


15/3/10

mutilación xenital feminina

Blogueado por Berto, free-blogger:

http://www.rtve.es/mediateca/videos/20100313/informe-semanal-vidas-mutiladas/718720.shtml#
Este sábado pasado vin en informe semanal (na 1 de TVE) a reportaxe que aparece no enlace de arriba.

A mutilación xenital feminina é un ritual de iniciación na súa orixe realizado ás nenas de algúns paises de África, Oriente Medio e outros. O costume é de procedencia incerta, anque hai versións que afirman que comezou no antigo Exipto e a partires de ali se trasladou a África. Ainda que se localiza sobre todo na zona Centro-Africana esta práctica non se limita ao continente africano, pois se sabe que tamén ocorre en varios paises de Asia, América, Australia e incluso Europa. É destacable que a ablación parece ser máis común hoxe en día que en períodos anteriores.





Practicada en moitos casos como rito de iniciación á idade adulta, actualmente esta motivación está diminuindo debido á prohibición da súa realización en moitos paises. Nalgúns casos se recorre a tradicións relixiosas para argumentar ao seu favor, pero o certo é que este tipo de mutilación está prohibida no Islam e no cristianismo
A pérdida case total de sensibilidade é a principal consecuencia para as afectadas, co engadido trauma psicológico. Hai mulleres que morren desangradas ou por infeción nas semanas posteriores á intervención (se se lle pode chamar así), xa que se realiza de forma moi rudimentaria, a cargo de curandeiras ou mulleres maiores, e con ferramentas non moi ortodoxas como cristais, coitelos ou cuchillas de afeitar e nunca en centros sanitarios.

A ablación sexual é a mutilación de parte dos xenitais externos femininos para evitar sentir placer sexual, co fin de que a muller poida chegar virxe ao matrimonio, posto que si non é deste modo, a muller podería ser rexeitada. Tamén se realiza para evitar a suposta promiscuidade da muller e asegurar que somentes teña fillos co seu marido.

Existen varios tipos de ablación:

* Amputación do prepucio do clítore (circuncisión), podendo extirparse en parte ou na súa totalidade o clítore (clitoridectomía).
* Outra forma consiste na escisión ou mutilación total o parcial do prepucio do clítore e os labios menores, conservando só os labios maiores.
* A infibulación é a forma máis agresiva, e consiste na extirpación do clítore e labios maiores e menores. Despois desta atrocidade, procédesea un cosido de ambos lados da vulva ata que ésta queda prácticamente pechada, deixando únicamente unha apertura para o sangue menstrual e os ouriños. A infibulación tamén se lle pode chamar circuncisión faraónica.

Práctica ilimitada

Segundo as estatísticas, a práctica da ablación afecta na actualidade arredor duns 135 millones de mulleres e nenas no mundo. Crese que cada vez se practica a nenas cunha idade moito menor quenes sofren a mutilación para evitar que poidan xulgar a práctica por sí mesmas ao ser maiores.

O aumento da inmigración levou esta práctica a Europa. A mutilación xenital feminina, en calquera das súas modalidades, atópase penada pola lei nos principais países do devandito continente con algunhas excepcións como Italia ou Irlanda. Non obstante, anque existen alguns países europeos con normativas legais de control sobre o permiso de saída para as nenas en situación de risco por este tipo de costumes, hai denuncias de que medio millón de mulleres e nenas sufriron a MXF en Europa nos últimos tempos, incluso en centros sanitarios baixo corda.

A embaixadora da Organización das Nacions Unidas contra a ablación, a ex modelo somalí Waris Dirie, quen sufriu infibulación aos 5 años, conseguiu que ésta práctica sexa ilegal nalguns países africanos, anque se siga practicando de feito. Unicef, nun informe, afirma que ésta práctica se pode eliminar nunha xeneración se hai un esforzo cultural.
---------------
Parece incrible que neste "primeiro mundo" se sigan producindo torturas e mutilacións como estas, pero, tal como aparece na reportaxe, unha colaboradora que imparte cursos contra a MXF en Burkina Faso fala de que para aquela xente, e para as nenas, o feito da mutilación disfrázase no medio dun ritual de paso á idade adulta. Elas, as nenas, durante o ritual son o centro de atención, fánselle regalos e se lles dice que pasaran a formar parte doutro estatus, o de mulleres adultas. Calquera nena quere formar parte dese grupo, así que se someten ao rito de xeito case voluntario.

É unha pena non ser capaz de facer unha descrición máis axeitada de tódolos sentimentos que me produce pensar na MXF, pero como pai dun neno pequeno, paréceme que algo ten que fallar nesas familias, algo cultural, relixioso, de aceptación social ou outro factor que non alcanzo a comprender, para que unha nai acepte que a súa filla sexa mutilada para o resto da súa vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario