Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


9/2/11

GARBO, o espía que salvou ao mundo

Ademáis de The Cove, tiña na cabeza ver outro documental do que oín falar xa no  ano 2010 (que quedou atrás hai pouco). Se titula "Garbo, o espía que salvou ao mundo". Precisamente sen ter a intención concreta de que fose este finde o elixido, o domingo pasado o puxeron na 2 de TVE e o puiden ver. Moitas veces se di que as películas de espías son moi retorcidas, con idas e voltas, con enganos e reclamos, pero tamén se di, e neste caso é certo, que a realidade supera moitas veces á ficción.

Garbo foi o nome en clave que o MI5, o servizo segredo inglés lle deu a Joan Puyol, un home con profundas conviccións antifascistas que tentou ser espía inglés, máis ao ser rexeitado, ofreceu os seus servizos aos alemáns, para de novo volver a ofrecerse como axente dobre. Ao ser aceptado desta volta, comezou unha labor inxente de creación dunha rede de espionaxe (ata 22 supostos informadores emitian informes e noticias contrastables), supostamente leal a Alemaña, desde Gran Bretaña. O que realmente fixo foi que os alemáns creran tódolos seus informes e lle fixeran caso, de modo que o que os ingleses e aliados podían facer os seus plans contando coas reaccións do exército alemán aos informes de Garbo.

O summun desta historia (e da historia recente da humanidade en Europa) foi que Garbo logrou convencer aos alemáns que o desembarco en Normandía (data e lugar clave para o que se transformou na derrota nazi da 2ª guerra mundial) era só unha maniobra para distraer ao exército alemán, e que o verdadeiro desembarco se produciría en Calais, a 250 km ao N. Isto permitiu que o alto mando alemán (existen incluso informes de Garbo revisados por Hitler) desviase a meirande parte das tropas hacia Calais, polo que o exército aliado puido comezar a reconquistar Francia e acelerar o final da guerra.

Garbo é un dos pucos homes que recibiron as condecoracións de guerra dos dous bandos, a Cruz de Ferro Alemá e a Orde do Imperio Británico.
----

No hay comentarios:

Publicar un comentario