Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


14/2/11

BALANCES, BALANCES

Normalmente deberían ter saldo positivo para ser axeitados aos obxectivos que se buscan, pero ás veces, que o resultado dun balance dea negativo tampouco ten que indicar un fracaso absoluto. Afortunadamente, teño aprendido que na vida os termos absolutos valen de ben pouco, xa sexa para falar de persoas (non as ai absolutamente malas nin absolutamente boas) ou de cousas. Pero o concepto de balance me leva acompañando boa parte da miña vida, e adoita coincidir con algo que se produce de ano en ano, e que fai que tome consciencia de que xa pasaron 12 meses. Outro ano máis pasou e aquí estamos.
Sempre me pasa o mesmo, cando comeza un ano (que no meu caso particular non coincide para nada co 1 de xaneiro...) non teño en mente que en 12 meses terei que facer un balance. En realidade non  o teño que facer, pero a miña cabeza non descansa ata que me paro a pensar no balance do ano. Supoño que todos temos a necesidade de parar de cando en vez, parar para botar unha ollada atrás (non moito atrás, para evitar o vértigo) e sobre todo para que, cando volves ver adiante, teñas unha nova perspectiva. E iso é o que fago. Tampouco ten máis sentido nin máis interese...pero axuda. Axuda o feito de pararse e axuda o feito de contalo, de facelo explícito xa que, no meu caso, toda a bola de lá que teño diante se vai desengrellando. Ás veces tarda máis do que parecía, pero case sempre (polo de agora) saio da néboa mental coas ideas máis claras do que entrei.

No hay comentarios:

Publicar un comentario