Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


4/2/11

REVOLTAS NA CASA DO VECIÑO

Parece que agora mesmo están saíndo coma champiñóns un monte de expertos sobre a situación política de Yemen, Exipto ou Tunicia. Eu desgrazadamente non son deses, e non tiña nin idea sobre as situación política, as eleccións, o tipo de réxime ou os líderes deses países.
Teño que recoñecer que o nome de Hosni Mubarak me leva soando desde que oín falar de Exipto, pero é normal, teño pouco máis de 30 anos (por dicilo dun xeito moi positivo) e este home parece que leva o mesmo tempo sendo o xefe de goberno dese país.
De Yemen non teño nin idea e a Tunicia tiña pensado viaxar algún ano destes, pero pouco máis.

O que é certo é que agora milleiros de persoas están a loitar para acadar un cambio de goberno e, sobre todo, un cambio social e de dereitos (e polo tanto, de futuro) nestes 3 paises veciños. Pero non teñen nada que ver os métodos de protesta aquí e alí. Meus, alí morre xente por dicir o que pensa. E non é xente radicalizada nin disposta a morrer polos seus ideais. Non, é xente desesperada e que non soporta máis a situación. Que quere un cambio. Ogallá o consigan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario