Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


1/2/11

AZULOSCUROCASINEGRO, de Daniel Sánchez Arévalo

Mentres escribo esta entrada me decato de que formo parte desa (minoritaria?) colectividade que se senta diante da televisión o sábado pola noite e espera que o programa de "Versión Española" o sorprenda cunha película. E de novo me pasou esta semana.

Azuloscurocasinegro, opera prima de Daniel Sánchez Arévalo, é unha película que pode gustar ou non. O digo porque non pasa nada espectacular, nin se desvela un segredo histórico nin ai acción e/ou tiros, pero o interior do protagonista explota en caseque cada escena e demostra de forma moi evidente que no noso mundo interior, cada día suceden miles de cousas ainda que os demais te vexan tranquiliño, sentado na túa cadeira.

Non vou desvelar nada do argumento, pero ainda que punto por punto non se parece en nada á miña historia persoal, si que é certo que enseguida me sentín identificado co protagonista. E tamén co final da película (tampouco se parece en nada á miña historia).

No fondo de todo, o que saquei en conclusión é que chega un momento en que para poder vivir a túa vida, a que queres, tes que dar un pasiño. Pode ser un gran paso (e un gran cambio) ou, a maioría das veces (como foi no meu caso) un paso case imperceptible, nada, un pequeno pasiño que o que fai é permitirte tentar tomar tí as decisións na túa vida.

Me quedo con iso. Unha frase que lin ai tempo dí: "Ata as grandes máquinas deixarían de funcionar se non fose grazas ás pequenas rodiñas que fan que funcione a engranaxe".

No hay comentarios:

Publicar un comentario