Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


25/2/11

DESORIENTADO 23


O grao de violencia que podía acadar nese momento non o sabía nin él mesmo, así que Suvorov tiña a precaución de apartar aos turistas “listillos” ata a vella estación de tren. Alí, nas oficinas que e atopaban no soto (había como 10 anos que estaba pechada a estación) Suvorov poñía en marcha a súa parafernalia, o seu escenario particular. Unha mesa grande e rectangular de caoba separaba aos “acusados” de Suvorov. Sempre, sempre, sempre facía o mesmo ritual. O primeiro era sacar a súa arma regulamentaria, unha Makarov PM xa obsoleta noutros exércitos desde a caída da URSS, pero tremendamente funcional. A única pega é que si se che cae ao chan, pode dispararse, pero xa terías que ter moi mala sorte para que unha bala perdida che impactase, non? __ isto era o segundo que facía, explicarlle aos pobres e sudorosos turistas as virtudes e fallos da súa pistola. Despois xa chegaban as acusacións, sempre falsas, sobre algunha falta ou infración, que lle daba dereito non só a un interrogatorio (ilegal a todas luces) senón a un pagamento totalmente aleatorio, segundo lles vise as pintas aos pailáns.
En dúas ocasións Suvorov tivera que poñerse serio de veras. Tiña ben claro cal era o seu papel e normalmente coa posta en escena anterior chegaba para afrouxarlle os petos (e nalgúns casos algo máis, pensou con sorna…) aos incautos. Pero cando aquel americano dos collóns se alporizou coma un cabalo tolo pelexa e amenazou con non sei qué andrómena da embaixada ou do consulado (o alcohol tiña ese efecto, desfacía os recordos máis rápido do que parecía) a Suvorov se lle subiu o galo ao poxigo e meteulle a pistola na boca. Meu, o tipo mexou polos pantalóns máis rápido do que se tarda en dicir Transnistria. O peor foi que 2 meses despois tivo que envainala cando lle chegou unha citación para que, ipso facto, se presentara no estado maior en Tiraspol. Alí lle tiraron ben das orellas, sobre todo cando o presidente da comisión preguntou a causa da perda de 4 dentes do cidadán americano, pero Suvorov non é deses cans que se enrrugan cando lles alumbras, así que despois de acatar a sanción (12 meses máis no posto de control fronteirizo e unha multa de 10.000 rublos transnistrios) volveu con moitas gañas de tralla, e niso o vodka non axudou. Pero tivo mala sorte. Agardou caseque 3 semanas máis ata que chegou ela

No hay comentarios:

Publicar un comentario