Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


11/2/11

DESORIENTADO 21


E seguiron. Como agora mesmo ía facendo Nina. Curiosamente estaba a facer a viaxe mental e a física case superpostas no espazo, que non no tempo. Cando rematou de atravesar “O rallador” Nina colleu folgos para afrontar a última etapa antes de chegar á sima N. Unha parede lisa e vertical se abriu ante ela. “O Rallador” resultara ser un corredor sin saída. Isto non era exacto na súa totalidade, pero se precisaron 5 baixadas máis dos equipos para continuar o camiño. O proxecto naquel momento pendera dun fío, xa que o departamento ao que pertenecía Nina dependía absolutamente os orzamentos estatais (clasificados como “Fondos Reservados” iso si) e no 2009 tiveron unha redución do 75%. Daquella lle sairan canas por todo o cabelo. Fóran uns meses de tolemia. E, de súpeto, chegaran de novo os cartos. A Nina estrañoulle moitísimo o repentino cambio de actitude (e de crédito) do goberno, xa que os resultados do proxecto aínda non estaban preparados para a súa presentación. Só cando houbo cambio de interlocutor co goberno Nina comprendeu o que pasara.

No hay comentarios:

Publicar un comentario