Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


5/2/11

EL VERANO DE KIKUJIRO, de Takeshi Kitano

Nalgún momento da miña vida teño que revisar o feito de que me chegan antes ás máns as Bandas Sonoras Orixinais (B.S.O) das películas que vexo os films. Este caso ten o agravante do tempo. O tempo que transcorreu desde que escoitei por primeira vez a música de Joe Hisaishi (que lembra moitísimo a o grande Michael Nyman de "El Piano") e quedei prendado da luminosidade que desprende e cando por fin puiden ver o filme (El Verano de Kikujiro) foi nin máis nin menos que de case 6 anos. (6 anos!).
Pero non creades que só escoitei un par de veces a devandita B.S.O. Non, non, a música convertiuse en parte da miña vida. Pero ao final vin a película e non me defraudou nada. Xa son varias as veces que, ao ver a película tendo na cabeza a música, sucede que todo entra como moito máis adentro.
Nesta película Takeshi Kitano, ou Beat Takeshi, como foi coñecido polo dúo humorístico co que comezou ai moitos anos, se alonxa dos films aos que nos tiña acostumados e crea unha historia chea de sensibilidade e tamén (ao meu parecer) unha transposición de papeis entre os dous protagonistas, a viaxe infantilizadora de un e a maduración por medio da viaxe do outro.

Moi recomendable.
Aquí vos deixo un vídeo do autor da música, Joe Hisaishi (creo que se recoñece a miña debilidade...)

No hay comentarios:

Publicar un comentario