Estes libros son best-sellers. Iso quere dicir que hai millóns (si, si) de persoas que os leron e (agardo que sexa así) lles gustaron. Si non non se explica cómo unha autora tan pouco prolífica, que tarda 30 anos (30 anos, meu...) en publicar o sexto e último libro da saga, teña un exito mundial.Os seus libros detallan cunha minuciosidade en moitos casos científica, a vida hai 20.000 anos.
O que realmente de gustou dos libros é que debido a esa exhaustiva descrición da fauna, flora, entorno, clima e sobre todo das emocións, da sensibilidade e das relacións entre as personaxes, desde o primeiro libro (para min case o mellor da saga...) coñeces a Ayla e á súa familia dunha forma tan íntima que case te ruborizas. Cando lin os libros, ás veces tiña a sensación de estar espreitando a súa cotidianeidade dun xeito ofensivo, como se estivese inmiscuíndome nos seus asuntos, nos asuntos dunha familia "normal".
O tema é que Ayla é unha nena Cromañon (H. sapiens) mentres que a súa familia, que a atopa despois dun terremoto, é Neandertal (H. neanderthalensis). Partindo desta premisa, a autora dos libros fai que os dous mundos que hai 20.000 anos existían en Europa choquen entre sí con consecuencias imprevisibles e nos regala o relato da vida e obra desta muller espléndida, da que me namorei perdidamente.
En 2011 está previsto que saia o 6º libro da Saga, The land of Painted Caves (que previsiblemente se traducirá como "La tierra de las cuevas pintadas") e eu espero poder lelo en canto poida.
Moi recomendables todos os volumes, pero tamén advirto que as descricións das paisaxes e da flora e as estacións pode resultar algo tediosa (eu particularmente considero que todo o entorno axuda a que a historia sexa moito máis creible, como así me parece neste caso).
El clan del Oso Cavernario" a min me gustou moito, pero (na miña opinión) a saga vai perdendo interes co paso dos libros. De feito os dous ultimos a min me parecen bastante aburridos.
ResponderEliminarEsperemos que a saga mellore ca última entrega.
Ogallá teñas razón. O comentaremos no seu momento.
ResponderEliminarPor certo, a ver si nos vemos estes días!!