Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


18/3/11

Todo é relativo???

Hoxe se cumpren 8 días desde que a terra tremeu a 24 km de profundidade e se produciu o terremoto de 8,9 puntos da escala Richter fronte á costa leste do Xapón.

8 días desde que o posterior maremoto produciu un Tsunami de proporcións xigantescas, con olas de 10 m de alto e cunha velocidade de desprazamento que superou os 350 km/h

8 días desde que o Tsunami máis destructivo dos últimos 150 anos da historia xaponesa entrou ata 6 km terra adentro pola costa leste, arrasando poboacións enteiras ao seu paso.

8 dias nos que a información foi chegando en pingas ácedas e desesperantes, prudentes ao principio en canto ao número de víctimas e converténdose, despois de 8 días na posibilidade real da cantidade de 16.000 mortos e desaparecidos, desalentadora cando pensamos que esto se produciu nun dos paises máis ricos do mundo, na 3ª economía mundial (superada por EE.UU e China soamente). Un país que ademáis de ser moi atractivo por todo o que significa o nome de Xapón (Samurais, Artes Marciais, Ceremonia do Te, Arquitectura, Tecnoloxía, Arte, Ciencias, Natureza, Sumo, etc) ten tamén unha fama merecida de país loitador fronte á adversidade.

Pero toda esta traxedia humanitaria, os mortos e desaparecidos, a perda de poboacións enteiras debido á forza das olas, a destrucción total de infraestructuras, vivendas, tendidos electricos, todo este desastre queda sen voz debido a un detalle. Unha central nuclear onde non debería estar.

8 días despois do desastre, na central nuclear de Fukushima (despois de 8 días repetindo o nome sin parar, xa son quen de escribilo sen ter que consultar no google) un número indeterminado de persoas (entre 50-180 segundo diversas fontes) loitan arriscando a súa vida (literalmente, debido á exposición á radiactividade) para refrixerar os núcleos dos 6 reactores nucleares que quedaron moi danados tras o tsunami.

Se fala hoxe xa de saidas masivas de Tokio hacia Osaka e outras provincias do sur de Xapón. Saidas controladas e con esa característica amabilidade e aparente tranquilidade na que pensamos cando nos falan dos xaponeses. Existe unha desinformación por parte do goberno da nación, pola evidente falta de testemuños fiables que poidan achegarse ata os reactores nucleares e contar o que pasa e sobre todo, o que teño é unha pena enorme.

Non é este o momento de discutir sobre as ventaxas e inconvenientes da enerxía nuclear; non agora que ainda non se sabe se haberá un escape incontrolado e masivo de radiacion nuclear. Pero se debería falar, nun futuro próximo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario