Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


14/3/11

Museo Etnográfico de Grandas de Salime

Se queredes retroceder 50 anos de golpe e ver cómo os vosos pais ou máis ben os vosos avós vivían no rural de Asturias e Galicia (isto é bastante extrapolable ao resto do país) non debedes deixar de visitar o Museo Etnográfico de Grandas de Salime.
O museo se atopa a poucos kilómetros de Fonsagrada, pasando polo alto do acebo e baixando xa por Asturias. É curioso como os montes fan de fronteira natural. Son agora fronteira entre dúas comunidades que nunha franxa de varios kilómetros non se diferenzan nadiña.
Cando baixabamos hacia Grandas, non puiden evitar pensar en que fai 50 anos, ao mellor ese mesmo camiño se facía a pe ou a cabalo, para ir ás feiras de gando a mercar ou vender. Diría que moito tempo se perdía daquela, pero ben pensado, se desfrutaba doutro xeito o camiño.

Creo que o mesmo feito de ver a paisaxe de camiño ao museo xa me predispuxo a ese retroceso mental ata outra época, e se confirmou ao entrar nel. O museo está emplazado na antiga casa reitoral e tamén noutos edificios cercanos. Ao entrares nel se retrocede no tempo dun xeito case máxico. A Cociña coa súa lareira, a Sala de industrial textil, o obradoiro do zapateiro, a bodega, a cantina (extraordinaria!), os obradoiros de carpinteiro, toneleiro, cesteiro, cullereiro, a forxa e a sala de torneiros conforman esta primeira parte.

Pero isto non é todo, quedan ainda o curral, a Casa do Muiñeiro, a Casa grande ou Casoa, que para min foi outro descubrimento, coa tenda de ultramarinos (foi como volver a estar dentro do Suso da Coca, que era unha tenda que había cando eu era neno no barrio...) a barbería, a xastrería, a escola rural e outros espazos igualmente interesantes.

Moi recomendable!!

Teño que dicir que segundo puidemos ler nuns carteis que estaban por todo o pobo, o museo foi promovido por un home que se fai chamar Pepe El Ferreiro. Despois de dirixir o museo durante un monte de anos, recentemente foi destituido polo goberno asturiano e existen varias plataformas por internet adiante para que o que parece unha inxustiza non se perpetúe no tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario