Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


16/3/11

Mataharis, de Iciar Bollaín

Un sábado máis todo se conxura para que os pequenos queden durmidos e en calma a tempo de ver o programa de cine "versión española".

Esta semana para continuar a programación que a TV pública está a adicar á igualdade entre homes e mulleres, puxeron Mataharis, unha película dirixida por Iciar Bollaín. É unha película que ten moitas lecturas, como casi todo nesta vida:

- Aborda dun xeito orixinal para mín o tema da conciliación laboral e familiar (coido que hai poucas películas sobre temática detectivesca de mulleres).
- Nos presenta 3 mulleres que por diferentes causas se atopan nunha encrucillada da súa vida; ningunha o sabe antes de que suceda, pero todas deberán elixir (como na realidade) qué facer co seu futuro.
- Para mín (isto é totalmente debatible, e agardo que así sexa) pon de manifesto o moito que falta para que exista unha igualdade efectiva entre homes e mulleres. Poden aprobarse leis que a promovan e incluso que a garanticen en determinados ámbitos, pero a lei e a realidade agora mesmo están  bastante lonxe.

Despois da película, o debate que segue no que a presentadora vai levando (ao meu parecer) moi ben o fío, esta vez tiña como tertulianas a 3 mulleres (4, contando coa presentadora): Ana Pastor, periodísta que agora mesmo está a presentar Los Desayunos de TVE, Nuria González, unha das actrices protagonistas da película e Rosa Regás, unha escritora como a copa dun pino que me encanta.

O que vin no debate foi que malia as diferenzas de opinión entre as participantes (tampouco houbo grandes discusións), si que se notaban varias cousas: o moito que falta por facer para que a igualdade non teña que lembrarse como obxectivo senón que sexa unha realidade, a necesidade de seguir facendo visibles as desigualdades entre homes e mulleres, o importante que para a igualdade é a educación e tamén a reeducación (dos adultos, que tamén nos fai falta), e a valentía que é necesaria para enfrontarse a situacións que poñen a proba esa suposta igualdade: condicións laborais, situacións familiar, etc.

Houbo unha reflexión que fixo Rosa Regás que me gustou especialmente, por obvia que é, e ao mesmo tempo, polo necesaria que é lembralo ainda hoxe en día. A escritora dixo algo así como que unha das protagonistas da película puidera elixir o seu futuro gracias ao seu traballo. Non polo traballo en particular, senón por traballar, pola independencia que outorga ese dereito. É obvio o impacto que supuxo para a independencia femenina o feito de poder traballar e o necesario do comentario hoxe en día resulta esgotador, pero non por iso se vai a deixar de intentar, non?

1 comentario:

  1. Srta. Yamabuki16/3/11

    Entiendo tu entrada como una recomendación para ver la peli, gracias entonces, me parece una vez más Icíar Bollaín parte de una problemática actual y de especial importancia, decir que ésta película yo no la conocía, pero la veré en breves :)
    Esta directora me parece un claro ejemplo de lucha por los derechos y las necesidades que todavía quedan por cubrir al sector femenino de la población. Estoy totalmente contigo en lo que dices, falta tanto por hacer... pero eso no deberíamos verlo como un trabajo o una lucha sino como unos objetivos a cumplir del modo más natural posible, supongo que hay que ser algo optimista con la educación en la actualidad, aunque sinceramente considero que la coeducación todavía no es 100% real, algo se está haciendo.
    No es que se vaya a dejar de intentar o no, es que yo pienso que se debe realizar si o si, las mujeres y los hombres somos iguales en todos (salvo en diferencias físicas evidentes!!!) pero en el resto!!! está más que demostrado que no hay muchas diferencias entre hombres y mujeres.... y lo dejo ya que me sale la vena......
    Saludos!!!!!

    ResponderEliminar