Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


3/3/11

ata cando?

Estes días volveu saír a polémica polos uniformes que unha compañía aérea obriga a vestir ás MULLERES que traballan na devandita compañía. Segundo parece, eses uniformes son discriminatorios pola diferenza entre os e as traballadoras/es e tamén pola imposibilidade de escoller que teñen elas.

Outra vez nos atopamos que desde as empresas (compañias aéres, hospitais privados, empresas de limpeza, etc)  se intenta dar unha imaxe de igualdade totalmente intencionada, e por outro, se coarta a liberdade das traballadoras dun xeito degradante.

Como dixo un ointe do programa de radio "Hoy por Hoy", é "esgotador" para as mulleres estar a loitar ano tras ano para lograr unha igualdade que, sinto moito ter que admitilo, está lonxe de ser unha realidade social.

1 comentario:

  1. Srta. Yamabuki3/3/11

    Supongo que sólo cuando no haga falta una ley para la igualdad, seremos iguales... tienes razón... una pena!

    ResponderEliminar