Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


11/3/11

DESORIENTADO 24

Con Dimitri, Moldova (como a chamaba él) abríuse dun xeito extraordinario ante nós. Semellaba que a semana de traballo nos seminarios non o era, xa que, rematada a parte teórica, nos dedicabamos á espeleoloxía pura e dura. E niso Moldova é a caña!!
Sifóns, gorxas imposibles, corredores con excentricidades rarísimas, lagos subterráneos, bóvedas de dimensións ciclópeas se presentaban dun xeito máxico, en parte debido ao estado de felicidade no que me atopaba en compaña de Dimitri e en parte pola especial luz dos frontais que te dan unha visión parcial (e por iso mesmo se pode dicir que máxica) do teu entorno. Creo que a intimidade que chegas a sentir dentro dunha cova é difícil de superar no “mundo exterior”, como me gustaba chamalo a mín. Se quedas quieta, calada e apagas o frontal, ao principio nada cambia. Semella que podes seguir ollando o círculo de luz diante dúa. Pouco a pouco, esa “visión” residual desaparece, e comeza outra especie de “visión”. Os sensos que non dependen da luz para funcionar, oído, tacto, olfato e gusto se desperezan e envian información, ao principio timidamente, ao teu cerebro. Este non está acostumado a valerse unicamente deses sensos, así que tarda uns minutos en comezar a procesar esa nova información. E é entón cando sucede. Supoño que debes ter un equilibrio mental que non se acada tódalas veces que quedas a escuras (a mín só me pasou tres veces en tódolos anos que levo baixando ás grutas) pero en contadas ocasións, todo se ilumina (polo menos dentro da túa cabeza) e eres capaz de “ver” ao teu arredor. As texturas da parede cobran relevo dun xeito excepcional, os sons aumentan de volume, facéndose case sólido, con textura, e te decatas de cánto dependes da túa vista cando ai luz e tamén o pouco do que che é útil cando non a hai

No hay comentarios:

Publicar un comentario