Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


25/3/11

DESORIENTADO 25


_Sara!Sara! Dimitri me fixo volver das miñas ensoñacións co frontal apagado e centrarme no que tiñamos diante.
_Que sucede? Dixen mentres acendía o frontal. A escena quedou de novo iluminada diante de mín, 10 metros de luz que se ía desfacendo conforme se alonxaba, fagocitada pola escuridade da cova. Nos atopabamos ao bordo dun lago subterráneo bastante ancho. A auga chegaba caseque ao teito. Quedaban como 15 cm de distancia entre a superficie da auga e a parte máis baixa do teito. O que non sabiamos era o profundo que era o lago, pero que tiña máis de 10 m de longo, iso seguro, xa que os frontais non chegaban ao outro lado.
_Pásame a linterna de atrás, dixo Dimitri. Él levaba unha linterna de mán potente na súa mochila, e cando iluminou con ela a superficie da auga, algo produciu ondas.
_Ostias! Algo acaba de afundir!! Dimitri non daba crédito. Él non tiña coñecemento de ningún organismo que deixara esas ondas na auga dun lago subterráneo. O máximo que atoparamos na bibliografía que manexabamos e tamén nas nosas campañas foran reptiles cegos de non máis de 15 cm de longo. Salamántigas case transparentes, sen pigmentos debido á escuridade, con cuncas vacías no lugar do cráneo onde tiñan que estar os ollos.

Quedamos mudos e espreitantes, agardando notar algo máis, pero cando as ondas despareceron tras morrer nas beiras do lago subterráneo, todo quedou de novo tranquilo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario