Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


30/9/10

Saga Harry Potter 2

Cando lin o 3º libro de Harry Potter, Harry Potter e o prisioneiro de Azkaban, decateime de que o ambiente da historia cambiara. É un libro máis longo e sobre todo, comeza a escurecerse todo; tanto a historia en si mesma (eu creo que a partir deste volume deixa de ser un libro infantil) como os personaxes. Xa non parece de risa os xogos coas escobas voadoras, nin as variñas. Isto é serio. Pasan cousas realmente malas. A xente morre e mata. E para rematar, Harry ten que comezar a enfrontarse ao seu pasado sen máis axuda que él mesmo. Sen pais, sen irmáns, cunha familia de pega que non o soporta, descubre que, ao mellor, todo o que él pensaba que era bo da súa verdadeira familia non o é tanto.
Dicir que o ritmo do libro é vertixinoso é pouco. Pasan cousas en case tódolos capítulos e se vai afondando cada vez máis na historia que fai de Harry un neno tan especial.

Podería dicir que para min este é o mellor dos libros da saga, pese a que foi un dos que se escribiu máis rápido e contén varios erros, sobre todo na parte final do libro (tampouco quero descubrir nada aos posibles lectores), pero aínda así, pareceume moi bo.

Ademáis, comezo a decatarme de que hai algo distinto nesta serie de aventuras "infantil". É moi evidente que os protagonistas crecen. Isto é algo moi novedoso na literatura infantil e xuvenil, na que polo xeral, os protas se manteñen case ata o infinito tal e como os concibiu o autor/a, sen apenas cambiar. Nesta saga, en cambio, vese claramente que a intención da autora é que os personaxes principais vaian crecendo conforme pasen os cursos da escola de maxia (1 curso=1 libro), polo que si Harry Potter comeza na escola con 11 anos, cando rematen os libros terá 18 anos (si chega ao final vivo, claro).

O cuarto volume da serie, Harry Potter e o caliz de Lume, deixoume bastante chafado, a verdade. O libro é bastante correcto en canto á trama xeral  e iso, pero para min non mantiña o ritmo tan ben como os anteriores. O torneo dos 3 magos prometía moito e tal como foi transcurrindo o libro creo que a autora foise engrellando tratando de encaixar moitos eventos diferentes de sub-tramas xunto co desenvolvemento do torneo en si mesmo, o que da un resultado un tanto embarullado. No é o volume que máis me gusta nin moito menos, pero como todos os volumes da saga, é necesario para que a trama argumental grande da saga teña sentido.

Neste libro tamén sucede algo que fará que Harry Potter se sinta totalmente apartado dos seus compañeiros, polo menos durante un tempo, así como do resto de estudantes de Hogwarts. Creo sinceramente que esa parte da soidade do heroe está moi traballada por parte da autora, que logra que esa inquedanza de harry te contaxie e sexa moi fácil identificarse coa problemática da non aceptación polo grupo, da responsabilidade propia, da culpa, do remordimento...

No hay comentarios:

Publicar un comentario