Hai moito (como 7 anos) que comecei a ler os libros de Harry Potter. Ao principio foi unha decisión case tomada á forza, debido á moita fama que tiñan os libros, pero a verdade, non me apetecía nada ler unha historia dun neno orfo que malvive cos seus horribles tíos e o pampo do seu primo Dudley, nun barrio extrañamente normal na periferia de Londres. Tampouco me chamaba a atención saber que no libro ía haber escobas voadoras, un novedoso xogo chamado quidditch e maxia, moita maxia. Pero os lin, e velaquí o que me foi sucedendo:
Ao terminar o primeiro libro, Harry Potter e a Pedra Filosofal tiven que recoñecer varias cousas:O libro enganchoume dende o principio, ainda que debido a cantidade de termos novos que aparecen pasei varios días coas ideas sobre quidditch engrelladas... que si snitch, que si quaffles...Neste primeiro libro se presentan case tódolos personaxes que terán un lugar destacado en toda a saga. O ritmo do libro é trepidante, directo e con capítulos curtos, que axudan a que a súa lectura sexa apresurada.
Teño que recoñecer que me sorprendeu gratamente a lectura (ademáis os dous primeiros libros os lin en galego) e me fun convertendo nun fan da saga potterica.
Hai multitude de páxinas en internet sobre harry potter, tanto dos libros como das películas, pero para min as mellores son:
Harry Latino : Unha páxina con multitude de información sobre tódolos libros e tamén sobre as películas. Un paraiso para os fans deste universo.
El diccionario : unha páxina incrible con todo o que é canon (oficial segundo a autora) e tamén o que non o é con respecto a todo o mundo de harry potter. Si algo non aparece no diccionario, non o busquedes noutro lado.
Despois de ler o primeiro libro tiña algo claro... debía conseguir o segundo xa!
e así foi (de feito, isto é literatura, xa que meu irmán me deixou os dous primeiros libros á vez).
Harry Potter e a cámara dos secretos (traducida malamente como Harry potter e a cámara secreta en castelán) é un libro que, ao igual que o primeiro, presenta un hogwarts luminoso pese as tribulacións que lle suceden ao protagonista. É curiosa a obsesión que a autora ten coa soidade do heroe (creo que non se lle pode chamar tampouco obsesión; supoño que é un dos recursos que usa durante toda a saga para ternos pegados aos lectores aos libros). Tamén me chamou a atención cómo J.K. Rowling comeza a expoñer a trastenda menos agradable deste mundo imaxinario (non tan lonxano ao actual) coas desigualdades e discriminacións entre muggles e magos, e tamén a posición de élite dos magos con respecto ao resto de criaturas máxicas do mundo de rowling.
Aparecen ademáis neste libro elementos que máis adiante (no libro 6º...) serán cruciais para a historia grande (a saga propiamente dita).
Como podedes imaxinar, estes primeiros libros tratan do inicio do personaxe no mundo máxico: variñas, escobas voadoras, criaturas máxicas, o colexio hogwarts... e o fan desde a perspectiva dun neno de 11 anos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario