Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


9/9/10

Dominio .gal en Internet. Nós tamén o queremos!

Trasteando hoxe pola internet, atopei unha páxina
http://www.puntogal.org/?lg=gal

na que unha iniciativa da promotora do PuntoGal conformouse por representantes da Asociación de Editores de Galicia, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, a Asociación Fillos de Galicia (fillos.org), o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o Consello da Xuventude de Galicia, as Empresas Galegas Adicadas a Internet (Eganet), Galicia Hoxe, Idesga-Galego 21, ISOC-Galicia, a Mesa pola Normalización Lingüística, a Real Academia Galega e Vieiros.

Dende o ano 2006 tentán acadar un dominio na internet con terminación .gal que agrupe os nosos vencellos lingüísticos, culturais, históricos, sociais e nos identifique na internet como membros dunha comunidade unida.


Podedes adherirvos no mesmo enlace que aparece arriba.

O dominio .cat xa é un feito consumado, que agora mesmo conta con máis de 36.000 direccións rexistradas con ese dominio, e é ademáis o único dominio de tipo cultural en todo o mundo (o resto de dominios teñen que ver coa relación entre ser un Estado recoñecido polas Nacións Unidas ou algunha das súas axencias, aínda que tamén é aplicable a Estados que formen parte da Corte Penal Internacional ou a través da inclusión na lista ISO 3166, caso de Xibraltar, por exemplo).

No hay comentarios:

Publicar un comentario