Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


22/9/10

RED BULL AUTOS LOCOS EN VIGO 2010

O domingo 19 de setembro de 2010 disputouse a 2ª edición da carreira "Red Bull Autos Locos" en Vigo. A anterior edición foi no 2003 en Barcelona.
Creo que foi un éxito tanto de organización coma de público. Eu estiven alí e a verdade é que era unha maravilla ver o día tan bo que saliu para estar polas rúas, vendo como un monton de tolos chegados dende todas as partes do país se presentaban con unhas postas en escena moi boas (música, bailes..) antes de lanzarse pola Gran Vía abaixo, sorteando un circuito feito con balas de palla, ata chegar a Colón.

Debe haber unha morea de videos por ahí adiante. Aquí vos deixo este subido a YouTube por asnetropnaio.
Desfrutádeo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario