Dende o comezo do blog levo adiando este momento ata ter na miña cabeza máis ou menos claro o que quero escribir sobre a obra cumio da literatura fantástica. Este título non o poño eu, pero o defendo e o defenderei durante moito tempo. Por qué? Ben, a esa cuestión tentarei dar resposta.
O primeiro é falar do autor antes que da obra. Pido desculpas por adiantado xa que as opinións verquidas aquí son persoais e polo tanto, subxectivas. Non pretendo outra cousa que agasallar ao autor a á súa obra, dende a humildade dun dos millóns de lectores que tiveron a sorte de ler os seus libros.
John Ronal Reulen Tolkien foi un escritor británico que ainda que naceu en sudáfrica, viviu a meirande parte da súa vida en Gran Bretaña. Foi profesor universitario, participou na 1ª guerra mundial e acabou a súa vida en Bournemouth, un centro turístico ao sur de inglaterra. A súa tumba e a da súa dona están en oxford, cos nomes de Beren e Luthien grabados nelas, pero esa é outra historia que espero poder comentar.
Para os que estean interesados nos datos biográficos e da súa obra, o enlace da wikia (que aparece máis arriba) pode serlles de moita axuda.
Eu quero centrarme en cómo Tolkien entrou na miña vida e como comezou a formar parte dela, hai xa moito tempo: Meus pais eran socios do circulo de lectores, polo que cada mes pasaba pola nosa casa unha señora para coller os pedidos dos libros que aparecían no catálogo. Creo que podo dicir que dende fai moito tempo son adicto á lectura. Leo libros, cómics, receitas de cociña, artículos de revistas e todo o que caia nas miñas máns (ben, agora mesmo non é tan certo; non me queda máis remedio que ser selectivo, xa que o tempo que podo dedicar á lectura é máis restrinxido).
Pois chegou un mes no que eu non tiña ningún libro especial para coller en círculo, así que lle pedín a opinión á rapaza que viña a coller o pedido. (naquel momento non me parecía unha rapaza, eu tiña como 10 anos e ela pois debía ter como 20-30, supoño). Ela lle dixo á miña nai: "Como lle gusta ler, pode tentar ler El Hobbit" e a min "Mira, si che gustan as historias de fantasía, ésta é a mellor". Eu non a crin. Levaba moito tempo (imaxinate, con 10 anos) lendo cómics e non me parecía que aquela muller tivese mellor criterio que eu.
![]() |
Nazgul e a torre escura, por John Howe |
A partir de ahí, despois de ler o libro, quixen saber máis do autor, e daquela eu non tiña nin acceso a internet nin ordenador na casa (corría o ano 1983-84, máis ou menos) así que a seguinte vez que pasou pola casa á señora (a verdade é que me gustaría saber o nome) do círculo, pedinlle o libro de El Señor de los Anillos.
Este foi o comezo das miña andanza pola literatura fantástica. Despois do ESDLA chegou o Silmarilion, obra publicada trala morte de tolkien polo seu fillo, recopilando de xeito máis ou menos ordenado todas ou case todas as historias da terra media que ou seu pai deixou inacabadas, inconexas, incompletas e deslabazadas.
![]() |
Balrog vs. glorfindel, por John Howe |
Que conste que eu fun comprando todo o que saiu referido á terra media (o que non puiden comprar, o fun lendo grazas sobre todo aos amigos que tamén tiñan interese na obra Tolkiana. Este conflito que teño entre aficionado ao tema (e polo tanto, desexoso de ler todo o posible) e poder desfrutar das obras de tolkien como as concibiu él (o que se reduce no caso da prosa a "El Hobbitt", "El Señor de los Anillos" e "Hoja de Niggle"). O que quero dicir é que é unha mágoa que tolkien non rematase de ordenar e decidir qué material tiña que ser publicado.
Pero o que non se pode negar é o éxito rotundo e total da obra de Tolkien (tanto as obras publicadas en vida como as póstumas). Incluso tiveron éxito un montón de obras referidas á Terra Media doutros autores/as, como o Atlas da terra media (realmente é o resultado dunha tese doutoral!!).
Parece incrible que o mundo de Tolkien teña servido para facer unha tese doutoral sobre a súa xeografía, ou para que haxa unha cátedra de élfico nunha universidade, non? Pero o certo é que a imaxinación e a profusión de detalles sobre diferentes aspectos como a vestimenta, os idiomas, a xeografía, a climatoloxía, os costumes locais dos distintos pobos é tan incrible que se seguen ainda hoxe en día facendo estudos sobre iso.
Ademáis, e grazas a un director de cine neozelandés, Peter Jackson, a triloxía de ESDLA foi mundialmente coñecida polas longametraxes (longas, certamente) que recrean de xeito maxistral a Terra Media. Confeso que fun a velas todas moi nervioso. Imaxinade o que é ler un libro non unha ou dúas veces, senón que durante 15 anos (máis ou menos) a triloxía de ESLDA a lín como 10-12 veces. Iso implica que tiña unha imaxe mental da Terra Media moi sólida, ainda que me fose imposible describila.
Cando vin as 3 películas, primeiro no cine e despois en formato extendido na casa, tiven a agradable sensación de que esa Terra Media que Peter Jackson emulou na pantalla merecía un aplauso. Foi unha tarefa incrible, un traballo titánico que, ainda que haxa paisaxes ou situacións coas que non comparto a súa visión, na súa meirande parte é unha recreación fantástica da Terra media.
Parece que a película de "El Hobbitt" (segundo o blog http://www.theonering.net/torwp/ ) está a retrasarse debido aos problemas de financiamento da compañía Metro Goldwin-Mayer. Ademáis diso, o director Guillermo del Toro non será o que as dirixa (haberá dúas partes para contar a historia de Bilbo Bolsón) pero sí se seguirá facendo cargo do guión.
ftp://ftp.sunet.se/pub/pictures/fantasy/Tolkien/
Neste directorio público (é unha dirección FTP) podedes descargar imaxes de distintos ilustradores sobre a obra de tolkien. De entre todos os que fixeron, fan e farán ilustracións (ou arte conceptual, como a chama Alan Lee) para min hai 3 autores que encaixan caseque totalmente coa miña idea mental sobre a terra media:
Angus McBride
![]() |
Frodo, por Angus McBride |
![]() |
Galadriel, por Angus McBride |
Coincidencia??? Como di o profesor de Dush... Non o creo!!
John Howe
![]() |
Frodo vs. nazgul, por John Howe |
![]() |
Eowyn vs. Nazgul, por John Howe |
Entre estes dous artistas conceptuais, despois dun traballo incrible, lograron reproducir con todo detalle ata os espazos máis diminutos da Terra Media, dende as Minas de Moria ata Lorien, pasando por Rivendel, Rohan, Edoras, Gondor, etc...
Alan Lee
![]() |
Rivendel, por Alan Lee |
![]() |
Frodo e Sam preto de Mordor, por Alan Lee |
Creo que foi outro acerto de Peter Jackson o feito de contar con Alan Lee para a súa triloxía. Ademáis, e isto é un parecer persoal, dividou a tarefa dun xeito que a estética dos personaxes é a de John Howe, e a dos ambientes é a de Alan Lee (máis ou menos, eu creo que o resultado final é un compendio dos dous).
A ilustracións da obra de tolkien destes 3 autores son moi anteriores á realización dos films, e iso lles da un valor engadido. Pero de tódolos xeitos, pode haber moita xente á que non lle cadre ningún destes autores, e si outros na súa visión da Terra Media. Ahí xa non me meto.
O que é innegable é a capacidade que a obra de Tolkien tivo, ten e terá para ser fonte de inspiración de diversas artes, tanto visuais como sonoras, incluso de vestiario, armamento, lingüísticas, etc.
Por isto e por moito máis, creo que ésta é a obra maestra da literatura fantástica.
Acabo de leer os comentarios de esta semana en Banda deseñada e vin que puseras un no da semana pasada.
ResponderEliminarO curioso e que iso de á "infinita xenerosidade de Zeke" tamen se poderia aplicar a ti.
Quero decir que ata que me pasate aqueles libros de Stephen King eu leia os libros de Barco de Vapor e despois nada foi o mesmo.:-)
ZEKE
Diso se trata, de retroalimentarse... ata o infinito.
ResponderEliminarAgardo poder dicir dentro de 10 anos que seguimos a intercambiar libros e cómics...