Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


20/9/10

video do lagarto das Cíes gañador!!!

Un vídeo sobre o papel dos lagartos en Cíes gaña o premio do público da revista The Scientis.

Tras varias semanas de intensa espera fíxose realidade o que hai apenas uns meses era case un soño, o vídeo A importancia dos lagartos nos ecosistemas insulares, no que en pouco máis de tres minutos se resumen catro anos de intenso traballo, fíxose merecedor do The 2010 Multimedia Awards, o premio do público da prestixiosa revista internacional The Scientist.

non as tiñan todas consigo os autores, xa que enfronte había outras nove propostas finalistas elaboradas por institucións como National Geographic, universidades como a galesa de Glamorgan ou a Western Australia e centros de investigación como o Energy Joint Genome Institute, o Monterrey Bay Aquarium Research Institute ou o WYSS Institute.  

Desfrutádeo!!



Noraboa!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario