Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


7/9/10

Actualizar o antivirus

Debido a que actualmente case todos os PC´s teñen conexión a internet, é importantísimo ter o antivirus actualizado. Como mínimo o antivirus. É recomendable tamén ter un programa de antispyware e de malware (programas espía de envíos de datos) pero como digo, o antivirus é vital para sobrevivir.

Como normalmente non temos nin ganas de gastar cartos nin tempo para buscar as mellores opcións de antivirus gratuitos, aquí vai unha pequena listaxe de antivirus para poñer ao teu pc.

Varias cousas:
1.- Descarga os programas dos enlaces que aparecen máis abaixo. Podes descargar máis de un enlace, pero non recomendo instalar máis de un antivirus á vez. Normalmente dan problemas de compatibilidade entre eles.
2.- Unha vez descargado o programa de instalación desde os enlaces, debedes DESINSTALAR o antivirus que teñades no pc. Normalmente se cambia de antivirus cando o que tes caduca ou non foi capaz de frenar algún virus, así que antes de instalar un novo antivirus, o urxente é desinstalar.
3.- Reinicar o PC antes de instalar o novo antivirus. Así nos aseguramos que no rexistro de windows non queda nada que nos poida dar problemas de compatibilidade.
4.- Instalar o antivirus novo.


Descargar AVAST FREE:
Este antivirus é moi bo, pesa pouco, é gratis e polo que parece, detecta moi ben. Altamente recomendable.
O enlace debería facervos chegar a unha páxina na que tedes que premer o botón de cor verde "download Now Avast Free Antivirus".

Descargar AVG FREE
Este antivirus é moi conocido. Vai ben, rápido e no gasta moitos recursos. En canto á detección de virus, me quedo co anterior.

http://www.softonic.com/s/antivirus
Desde esta páxina podedes ver unha listaxe dos programas antivirus máis coñecidos e o máis importante, si son gratuitos ou non. Eu recomendo os gratuitos, salvo que teñas cartos para pagar unha licenza. Nese caso, o mellor antivirus para mín é o NOD32 seguido do KASPERSKY.

Lembrade que ainda que teñades o mellor antivirus do mundo, a mellor protección é a previsión: non navegar por páxinas perigosas, non descargar programas de páxinas sospeitosas, non clickar nos anuncios que se desplegan cando accedes a unha páxina, etc.

Si estades interesados en navegar de xeito seguro, instalade o MOZILLA FIREFOX
É un navegador gratuito, de software libre, ao que lle podedes poñer os complementos que queirades, como
xestores de descarga de videos
Este xestor se chama Download helper, e serve para descargar ao noso pc calquera video que estemos a visualizar nunha páxina web.
NOSCRIPT
Este complemento para FIREFOX é interesantísimo si queredes navegar seguros. Sae unha liña amarela abaixo do navegador cada vez que entras a unha páxina nova. Ahí debes autorizar cada script ou plugin (por exemplo cando accedes ao teu banco) para evitar que se exploten vulnerabilidades por parte de xent indesexable, e así evitar fraudes (como que cando entras a unha páxina che redireccione a outra que sexa falsa).
Este complemente é un pouco peñazo ao principio, xa que tes que autorizar todas as páxinas cotiás cando as visitas por primeira vez. Despois xa quedan os scripts autorizados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario