Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


1/9/10

MINEIROS ATRAPADOS VIVOS A 700 M DE PROFUNDIDADE EN CHILE

Hoxe se cumplen 27 días dende que un derrubamento de terra nunha mina de ouro no deserto de atacama, en Chile, deixou atrapados a 33 persoas a 700 m de profundidade.

A mina de ouro é un burato enorme a ceo aberto, conha rampa que baixa e baixa e baixa. O derrubamento se produciu no nivel 350 (m de profundidade) e por abaixo deixou a 33 persoas atrapadas no nivel 100 (a mais de 600 m de profundidade) pero por fortuna, a esa profundidade existe un refuxio e despois de perforar con unha especie de trade xigantesco ata 688 m, viña unha mensaxe escrita con lapis vermello que dicía: estamos vivos, somos 33 persoas.

Polo que parece, ante a inoperancia dos propietarios da mina, o goberno chileno se fixo cargo de tódalas operacións de rescate, dificultadas por varias cuestións: a profundidade á que se atopan os mineiros (encerrados nun tunel a 700 m de profundidade) o desprazamento dunha rocha de 700.000 toneladas hacia abaixo, producto da explosión que provocou o derrubamento, as condicións de temperatura e humidade (35º C e 98% de humidade) e o estado de saúde tanto física como mental dos mineiros.
Ata onde se sabe, os mineiros non terán problemas de abastecemento de auga nin de aire; contan cun depósito de 14.000 litros de auga e tamén hai aire suficiente. En canto á comida, agora que se fixo o burato de 8 cm de diámetro polo que se lles pasa alimento e tamén uns catres para durmir, o problema da comida está resolto.

O máis peliagudo serán as labores de rescate, xa que según os expertos consultados, terán unha duración de 3 meses, aproximadamente. E nesas condicións, consultados a NASA e outros organismos, o que se expresa é que a situación que vivirán os mineiros sería comparabla á dos tripulantes dun submarino ou aos astronautas.


Será importantisimo, segundo os mesmos expertos, a comunicación dos mineiros coas súas familias para evitar depresións e outro tipo de problemas psicolóxicos.

Espero poder darvos moi boas noticias pero creo que tardaremos bastantes días en saber máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario