Os datos que se engaden a continuación están recollidos do Instituto da Muller, organismo dependente do Ministerio de Igualdade (onte mesmo extinguido e convertido en Secretaría de Estado). Os datos chegan ata o 1 de outubro, polo que non están contadas (e ogallá non se tivesen que engadir) as últimas mortes por violencia de xénero, que fan que este ano 2010 teña o triste honor de ser máis violento en canto a mortes de mulleres que o anterior 2009.
Os datos son números, pero aquí están:
Despois de ver esta táboa, os datos seguen a ser números, pero detrás deles hai historias, historias terribles, de medo, de terror puro, de relacións rotas, ás veces con fillos por medio, con amenazas, con coaccións, con chantaxes e golpes, gritos, discusións, arrepentimento momentáneo, sentimento de culpa, síndrome de estocolmo da víctima co maltratador, etc.
Aqui vos deixo, referidas ao ano 2010, algúns datos extraidos da RedFeminista, CIMTM, C.Reina Sofia e Diarios locais:
Ano 2007: 71 mulleres. /// Ano 2008: 84 mulleres asasinadas ///Ano 2009: 68 mulleres asasinadas
(algunhas delas en investigación da causa todavía)
MULLERES ASASINADAS DURANTE 2010: 68
(DATOS ATA O 17/10/2010)
.1 | 03-01-10 | Sevilla (El Cuervo): Josefa, de 45 anos, estrangulada polo seu marido Juan Manuel |
- | 06-01-10 | Barcelona (Hospitalet de Llobregat): Muller de 32 años asesinada polo seu noivo. Finalmente a autopsia revelou que a causa da morte non foi por violencia machista polo que se elimina desta lista. Ver este enlace |
2 | 21-01-10 | Madrid (Brunete): Ivana, de 36 años, asasinada polo seu exnoivo de máis de 20 puñaladas |
5 | 11-02-10 | Tarragona (Alcover): Asasina á súa ex muller e reparte os seus restos descuartizados ao longo da autopista de Barcelona |
6 | 18-02-10 | Almería. Muller de 26 años degolada polo seu marido tras unha discusión |
7 | 18-02-10 | Madrid (Leganés): Persegue a súa ex parella ata o fogar onde traballaba onde a apuñala ata a morte. |
8 | 28-02-10 | Asturias (Oviedo): Apuñala con saña á súa muller e se entrega. |
9 | 04-03-10 | Burgos: Isabel Barroso, de 26 anos, é apuñalada pola exparella dentro do seu automóvil, onde deixou que se desangrase ata morir.. |
10 | 15-03-10 | Santa Cruz de Tenerife (Granadilla de Abona): Levouna á casa a golpes e empurrándoa e unha vez dentro a apuñalou no peito e na axila |
11 | 18-03-10 | Huelva: Volvera con él “por pena” e se volvera separar, a asesinou cando visitaba á súa nai no hospital. |
12 | 28-03-10 | Barcelona (Vic): 33 anos. estrangulada pola súa parella, que intentou suicidarse despois. |
13 | 28-03-10 | Castellón (Atzeneta del Maestrat): Perseguida polo seu marido pola rúa ata que a disparou e matou. Posteriormente o asasino se suicidou. |
14 | 28-03-10 | Almería (Benahadux): Asesinou a Carmen e a meteu no coche onde él se suicidou tamén. |
15 | 02-04-10 | Málaga (Marbella): Asasinada o día 2, ainda que ata o día 9 non se detivo á súa parella, que confesou o crime. |
16 | 03-04-10 | Valladolid: Degüella á súa parella e posteriormente se suicida con medicamentos. |
18 | 04-04-10 | Burgos: Apuñala a súa muller, suicidándose posteriormente co mesmo coitelo. |
19 | 06-04-10 | Málaga: Mª Victoria, de 64 anos, apuñalada en plena rúa e pola espalda pola súa ex-parella. |
20 | 09-04-10 | Oviedo. Enma, de 47 anos, apuñalada pola súa parella no seu domicilio, pola espalda. |
21 | 11-04-10 | Alicante. Fátima, 25 anos, asasinada a tiros pola súa ex-parella, dentro dun disco-bar. |
22 | 11-04-10 | Zaragoza. Mata á súa muller e o seu bebé, de 4 meses e luego se suicida con barbitúricos. |
23 | 14-04-10 | Madrid. Mata á súa parella, de 24 anos, a coiteladas, dous días despois de que ela houbera roto a relación. |
25 | 20-04-10 | Asturias (Gijón).Por tres veces carga a escopeta e dispara sobre a súa muller, de 55 anos. |
26 | 29-04-10 | Valencia (Museros).Un home de 57 anos asasina a coiteladas á súa exparella, Irene, de 51 anos |
27 | 10-05-10 | Santa Cruz de Tenerife (Granadilla de Abona). 2ª asesinada neste municipio. Unha muller de 35 anos foi degolada polo seu marido, que intentou logo suicidarse. |
28 | 11-05-10 | Murcia. Unha muller de 67 anos asasinada a golpes pola súa parella. Quería iniciar os trámites de separación . |
29 | 13-05-10 | Barcelona (Terrassa). Un home acoitela á súa muller, Fatna,de 29 anos. Un dos fillos foi quen deu aviso á policía, que o detivo. |
30 | 17-05-10 | Sevilla. Ana, de 49 anos, é apuñalada en plena rúa pola súa exparella. |
31 | 31-05-10 | Sevilla (Pruna). Guadalupe B.M tiña 41 anos, a súa exparella lle asestou decenas de puñaladas ao non aceptar a ruptura. |
32 | 31-05-10 | Girona (Salt). Farida, 46 anos, apuñalada polo seu marido en plena rúa. Ela trataba de iniciar os trámites de separación. |
33 | 02-06-10 | Asturias (Gijón). Apuñala a súa esposa MªDolores e se suicida ao dia seguinte mentres era buscado pola policía. |
34 | 04-06-10 | Almería. Cristobal mata á súa parella, Mª Mercedes, de 35 anos, e ao seu fillo Cristobal de só 5 anos. |
35 | 06-06-10 | Girona (Salt). Mónica é a 2ª muller asasinada pola súa parella nesta pequena localidade en só unha semana. |
36 | 16-06-10 | Alicante (Pilar de la Horadada). Denunciara malos tratos varias veces, a súa exparella acabou con ela dentro do seu bar. |
37 | 20-06-10 | Tenerife (La Guancha). R.A.L., de 44 anos, matou á súa exsogra de 78 anos. A filla, exparella, logrou escapar (non contabilizada este ano polo Ministerio por non ser parella). |
38 | 28-06-10 | Tenerife (San Cristobal de la Laguna-Taco). Delfina, de 48 anos, tiña unha orde de alonxamento da súa exparella, que a acoitelou repetidamente. |
39 | 01-07-10 | Granada (Pinos Puente). Tamén había orde de alonxamento contra a exparella de Rafaela pero non serviu para salvala del, que a atacou cun sacho. |
40 | 03-07-10 | Cádiz (Puerto de Santa María). Tras asfixiar á súa muller Milagros, se suicida cun tiro de escopeta na cabeza. |
41 | 04-07-10 | Cuenca (Landete). Ambos tiñan problemas psicológicos. Él apuñalou á súa esposa, Felicia, , de 68 anos, ata matala. |
42 | 06-07-10 | Girona. Olana caeu, presuntamente empurrada pola súa parella, desde a ventana dun 6º piso. (Non contabilizada polo Ministerio por estar todavía en investigación) |
43 | 07-07-10 | Barcelona (Sants). M.Iván, de 33 anos, ao menos dous veces denunciado por malos tratos, estrangula á súa muller de 27 anos. |
45 | 11-07-10 | Las Palmas de Gran Canaria. Laura, enfermera, foi presuntamente envelenada pola súa parella, tamén enfermeiro. |
47 | 15-07-10 | Cuenca (Villanueva de la Jara). Con 3 denuncias, unha sentenza firme por malos tratos, orde de alonxamento…consegue R.F, de 44 anos, matar a Z.G., a súa muller, de 32 anos. |
48 | 16-07-10 | Zaragoza. Asasina á súa muller na portería onde traballaba. É detenido 2 días despois nunha terraza da céntrica Praza do Pilar. |
49 | 17-07-10 | Tenerife (La Orotava). Tras asasinar á súa muller de 49 anos, trata de suicidarse tirándose pola ventana do terceiro piso. |
50 | 25-07-10 | Bizkaia (Bilbao). Asasina á súa parella a golpes. Tiña orde de alonxamento pero a muller volveu a convivir con él. |
51 | 25-07-10 | Girona (Blanes). Unha muller morre ao caer desde a ventana da súa casa, a súa parella foi detida (non contabilizada este ano polo Ministerio porque está en investigación). |
52 | 25-08-10 | Madrid (Torrejón de Ardoz). Morre ao caer por unha ventana, un conocido é detido(Non contabilizada polo Ministerio de Igualdade por non probarse todavía a relación sentimental) |
53 | 26-08-10 | Lugo. Un profesor asasina a golpes á súa muller, enfermeira. |
54 | 02-09-10 | Barcelona (L´Hospitalet de Llobregat). Asasina á súa muller Nikauris, de 29, a coiteladas. Tiña 3 fillos pequenos.. |
55 | 02-09-10 | Sevilla (Tiro de Línea) Asasina, descuartiza e tira ao río a Laura, de 49 anos. (Non contabilizada polo Ministerio de Igualdade por non probarse a súa relación sentimental) |
56 | 08-09-10 | Palencia (Villoldo). Asasina á súa muller a coiteladas. Tiña orde de alonxamento. |
57 | 10-09-10 | Almería (Roquetas de Mar). Damiana, de 39 anos, é asasinada pola exparella, que posteriormente se suicida. |
58 | 14-09-10 | Oviedo. Johana, de 27, degolada pola parella, á que denunciara por lesións en 2008. |
59 | 15-09-10 | A Coruña (Ponteceso). Un home mata a martillazos á súa parella, María Rosa, de 34 anos. |
60 | 19-09-10 | Córdoba (Villarrubia). Asasina e decapita á súa muller e se suicida cando a policía ía a detelo. |
61 | 26-09-10 | Castellón (Moncofa) Apuñala á súa parella e tenta suicidarse despois. |
62 | 26-09-10 | Girona (Sant Pere Pescador). Aparece descuartizada no conxelador da casa onde vivía coa súa parella, detenida por cometer presuntamente o asasinato . |
63 | 06-10-10 | Málaga. CGM, de 80 años, é asasinada polo marido e logo tenta suicidarse. |
65 | 11-10-10 | Granada (Alhama de Granada). Tras asasinar á súa parella, de 37 anos, cunha barra de ferro, trata de suicidarse inxerindo lixivia. |
66 | 13-10-10 | Alicante (Benejúzar). Asasina a tiros á súa muller e logo se suicida. |
67 | 14-10-10 | Madrid (Getafe). Un hombre acoitela presuntamente á súa muller de 47 anos e se suicida posteriormente no mesmo domicilio. |
68 | 17-10-10 | Tarragona. Atopan o corpo dunha muller de 26 anos, enterrada en cal viva na bañeira xunto aos cadáveres dos seus dous fillos de 3 e 5 anos. Se busca ao pai, que fuxiu. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario