Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


13/10/10

MINEIROS ATRAPADOS EN CHILE (3)

Hoxe é un día especial. Será recordado por todo o mundo como o día no que a técnoloxía venceu, despois de 69 días angustiosos, a unha montaña na que 33 homes, 33 mineiros,  levaban case 3 meses enterrados.
Os traballos para ir levando á superficie aos 33 mineiros poden alongarse ata 24 horas, pero cando rematen, unha nova etapa se abrirá para eles.

Agora empeza a exposición pública, as roldas televisivas e o tratamento como heroes (que o son) mediáticos. Están preparados para iso? As televisións e o periodismo en xeral adolecen actualmente (para o meu gusto) da moral necesaria para salvagardar as vidas privadas desta xente.

Habería que falar dentro dun ano (espero poder facelo aquí) de cómo este encerro lles cambiou as vidas aos 33 de atacama. Gustaríame poñer dentro dun ano que isto serviu para mellorar as súas condicións de vida (e seguramente en bastantes casos será así, polo menos no económico) pero está por ver esta circunstancia, sobre todo observando cómo se tratan as novas neste mundo globalizado e con tendencia á hipérbole informativa.

Ogallá me equivoque e isto sirva para algo máis que para facer fotos cos políticos de turno que ata o momento do enterramento non tiñan nin idea (nin lles importaba) das condicións de vida e laborais dos mineiros...

No hay comentarios:

Publicar un comentario