Despois de case 3 meses de angustia, de esperanza mezclada con medo, con terror por tódalas variables que podían facer que o rescate dos 33 mineiros atrapados vivos na mina de Chile, se anunciou hoxe que están a reforzar o conducto de saída dos mineiros, para evitar desplomes, e que empezarán a sacalos dentro de 3-4 días. NOn se sabe a orde de saída aínda, pero hai varias cousas claras:
Sairán primeiro os máis hábiles, despois os enfermos e despois os máis fortes.
O último en saír será o xefe de turno que estivo coa responsabilidade de manter en bo estado e evitar confictos durante todo o encerro (debería dicir enterro?)
O conducto de saída mide 66 cm de diámetro, pero co reforzo que se lle está a poñer, vai quedar cun diámetro de 60 cm. Medide 60 cm por favor, e imaxinade por un momento que vos metedes nun cilindro metálico, atados cun arnés e que vos suben durante 600 m (imaxinade 600 m lineais en vertical). É angustioso, pero no noso caso, é só imaxinación...no deles, é a súa esperanza para poder volver a ver a luz do día.
Tamén se lles farán chegar gafas de sol especiais para protexelos da luz solar, logo de case 3 meses baixo terra.
Dende o 5 de agosto no que sucedeu o derrubamento os familiares dos mineiros enterrados están ao pe da mina, agardando novas que, por fin, poden chegar esta semana ou como moito a principios da vindeira.
Ogallá poida transmitir que se acadou o rescate máis importante (tanto pola profundidade como pola duración) de persoas atrapadas baixo terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario