Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


6/10/10

A (des)graza de ser Zurdo

Outro dos temas recurrentes ao longo da miña vida é este. Admítoo diante do que queira verme cun bolígrafo, lápis ou pintura na mán: son ZURDO. É aparentemente sinxelo, sen demasiada trascendencia, algo que a xente nota de lonxe pero que tampouco ten consecuencias na miña vida diária. Como se pode ver na imaxe, este típico gancho dos zurdos (polo menos da maioría) cando escribimos podería correxirse cun bo método de ensino . Eu xa son algo maior para cambiar esa forma de escritura, pero a verdade é que por varias cousas debería cambialo: Odio cando despois dun tempo collendo apuntes me doe todo o brazo e en especial o pulso. Odio ter que limpar o dedo meniño da tinta que vai recollendo mentres escrebo, co conseguinte emborranchamento do papel e dos apuntes.

Xa eu non teño unha caligrafía Gongoriana (mal que lles pese aos cuadernillos Rubio que me facían cubrir de pequeno) pero si encima lle poño a man encima á tinta antes de que se seque, imos apañados...

Creo que o trauma do zurdo non o tiven nunca; tamén creo que en parte é porque non son zurdo de todo. Quero dicir, si escrebo, como e lavo os dentes coa man esquerda, pero por exemplo, corto coas tesouras, ando co rato do PC, abro unha lata de conservas ou collo un parafusador coa dereita.

Máis problemático é cando esas últimas actividades as fas coa esquerda, xa que os instrumentos que fan falta para iso non están dispostos para ser usados por zurdos. Afortunadamente, agora mesmo no mundo occidental os zurdos non temos problemas de integración. Atrás quedan esas historias (como a do meu avó) nas que se contaba que os maestros lles ataban a man esquerda ás costas para que aprendesen a escreber coa dereita.

O que non está nada claro é a razón final da zurdeira. Hai varias hipóteses sobre as causas, pero de momento son está nada demostrado. Podedes ver as teorías que se manexan para explicar esta diferenza.

Polo que parece, a lateralidade vaise establecendo pouco a pouco, pero se tende a que si a parte esquerda do cerebro controla a parte dereita, se controle o ollo, a man e o pe (os órganos pares, para entendernos). Ás veces esta lateralidade é cruzada (dominancia da man dereita e do ollo esquerdo, por exemplo) e pode producir problemas de aprendizaxe aos nenos/as que a sofren.


En fin, que nin somos tan raros os zurdos como algúns quererían (e me refiro a eses zurdos que se queren manter na diferenza)  pero tampouco temos as mesmas facilidades que os destros nesta sociedade feita por e para destros. Menos mal que sitios como este http://www.laltrama.com/ ofrecen productos que poden facer a vida máis fácil aos zurdos. Eu persoalmente non preciso ningún aparello expreso para zurdos, pero por exemplo, éme moito máis fácil pela-la froita cun coitelo de filo homoxéneo que con outro (a maioría dos que temos) con filo para destros...
Coitelos de cociña simétrico (1), para a man dereita (2) e para a man esquerda (3)

2 comentarios:

  1. Anónimo8/10/10

    Ey este post recorda o capitulo dos Simpson no que Ned abre un Zurdorium.
    ZEKE

    ResponderEliminar
  2. Será que os problemas dos zurdos son os mesmos aqui que en springfield...

    ResponderEliminar