Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


19/10/10

Leo Caldas ou a novela negra viguesa

Empecei a a ler a Domingo Villar non hai moito, a principios de ano (ou poida que fose no nadal pasado)

O primeiro Libro se titula "Ollos de Auga" e nos introduce na vida do inspector de policía Leo Caldas, destinado nunha comisaría de Vigo. Neste primeiro libro sobre o inspector de policía, Domingo Villar nos introduce na especial idiosincrasia da xente de aquí, das rías baixas e da área metropolitana de Vigo (que me perdoen aqueles que non crean que os arredores de vigo non forman parte da súa área metropolitana).
O libro ten un ritmo moi áxil, con capítulos moi ben encabezados a partir da definición dunha palabra clave para o capítulo e non tanto para a trama principal.
O que me gustou especialmente da obra (e por iso en canto rematei o libro conseguin o segundo) é a figura do inspector. Non é un tipo desagradable pero de ningún xeito é un heroe ao uso. Non hai persecucións, nin pelexas (case ningunha) nin sequera tiros como noutras novelas negras. Pero Leo Caldas é creible. Ten incongruencias coma todos nós, ten manías (idem) e ten conflictos; confictos co seu pai, coa ausencia da súa nai, coa súa parella e incluso co seu compañeiro Rafaél Estévez, un zaragozano enorme cheo de testosterona perdido nas rías baixas e na mentalidade galega da retranca.

Os casos que resolve Caldas están moi ben artellados e o seu tratamento das personaxes é simplemente intachable. Redondea as descricións con acenos e linguaxe non verbal de xeito que chegas a poder case adiantar  as reaccións.

O elenco de personaxes "secundarios" (non me gusta nada ese termo) é boísimo. Dende a eficiente Clara Barcia, pasando polo seu axudante Rafa Estévez, ata os catedráticos do Elixio o universo caldiano vaise conformando de xeito que unha realidade literaria case palpable vai acompañando o discorrer das tramas.

A ver, que ninguén se engane, é unha novela policiaca, negra, dun crime que hai que esclarecer, pero o interesante, ao meu parecer, é como os casos que Caldas vai resolvendo influen na súa vida, nas súas relacións co seu pai, con Alba e tamén como esas relacións e reaccións inflúen á súa vez na resolución dos casos (xa me liei...)


Onte mesmo rematei de ler o libro "A praia dos Afogados" editado por Galaxia, como o primeiro. Teño que dicir que me gustou bastante máis éste que o primeiro. Vexoo máis relaxado ao autor, máis metido no mundo de Leo Caldas e ao mellor tamén me gustou máis pola temática que toca en relación ao crime que neste caso lle toca ao inspector.

Non quero destripar nada dos argumentos, así que só desexo que Domingo Villar se anime a escreber outro (e outros) libros do inspector Caldas, para poder desfrutar de novo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario