Debín quedar durmida... non sei canto tempo terá pasado desde que subín á habitación, pero, polo que sei non veu ningúen por aquí. Habería algo no café e as bolachas? Estoume volvendo paranoica perdida. E encima non son quen de entender porqué carallo me vexo como un home cando miro no espello. Agora mesmo estou a tocar a cara coas mans e me descubro barba...
Agarda, algo vou lembrando a través da néboa de dor que me segue a sacudir a testa. Lembro que collín un voo dende Vigo a Chisinau vía Madrid. Barajas está feito un cristo agora, coa T4 que debería ser outro aeroporto distinto. Lembro que antes de embarcar no avión con destino a Bucarest (non había voo directo a Moldavia) tomei un café nunha desas pseudocafetarias que atopas polos currunchos da terminal, artificiais e ainda que modernas, en certa maneira decadentes. Un aeroporto pretende ser un lugar luminoso, alegre e diáfano, pero a sensación que da, si te paras un rato a ver pasar á xente, é a dun lugar escuro, triste e morriñento. Despedidas (tamén encontros, pero menos), choros, suspiros e soidade, soidade nos pasaxeiros (agás as familias que van xuntas, montando un balbordo que soa moito máis atronador en metade dun lugar tan grande) e unha certa inquedanza por mor dos horarios dos voos. Salirá o meu avión? Cámbiaranmo de Porta de entrada? Collerei o enlace? Pois estaba eu nesas disquisicións diante do meu café en vaso de plástico e un croissant que debería de estar no lixo (por duro e insípido) había un día, cando, ostias! Vouno lembrando, achegouse unha muller.
Por fin volveu o mais interesante do Blog.
ResponderEliminarTes que darlle prioridade o relato.:-)
ZEKE
Puff, cóstame un ril avanzar no relato, pero grazas polos ánimos!!
ResponderEliminar