Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


27/10/10

Soy Leyenda, de Richard Matheson

Ao final tiven que quedarme esperto moito máis do que contaba. Non pensaba que ía estar enganchado ata a fin da novela "Soy Leyenda" do autor norteamericano Richard Matheson.Sei que hai varios films sobre a obra, das que vos poño a información que aparece na wikia:

"El último hombre sobre la Tierra"

En 1964, Vincent Price o interpretou como o Dr. Robert Morgam. Producción italiana co título orixinal de L'ultimo uomo della Terra. O propio Matheson escribiu o guión desta adaptación pero, despois de anos sen levarse á pantalla, se reescribiu debido ás presións da compañía productora, así que decidiu aparecer nos títulos de crédito co seudónimo de "Logan Swanson".

"El último hombre vivo"

En 1971, unha versión alonxada da novela orixinal apareceu co nome de The Omega Man, titulada ao castelán como El último hombre vivo. Está protagonizada por Charlton Heston y Anthony Zerbe. Matheson non tivo ningún tipo de influenza neste filme; é máis, se desviaba completamente da novela, rexeitando os elementos vampíricos, agás polas criaturas fotosensibles.

"Soy Omega"

Película de baixo orzamento realizada pola productora The Global Asylum no ano 2007.[1] O título en inglés da película (I am Omega) combina os títulos da novela e dunha das versións anteriores, The Omega Man.

"Soy leyenda"

Nos años 90, se especulou sobre unha adaptación de Ridley Scott, pero se descartou polo elevado do orzamento. A película ía estar protagonizada por Arnold Schwarzenegger. Finalmente se escolleu a Will Smith como protagonista da adaptación de Francis Lawrence. A historia transcorre en Nueva York, a diferenza da novela orixinal, e se estrenou en decembro de 2007.
A película difire en moitos aspectos da novela de Matheson, desde a fisionomía da personaxe (Robert Neville na novela é caucásico, e na película afroamericano), ata a trama (na novela, Neville, atrincherado na súa casa, loita día a día por sobrevivir ante os constantes ataques de vampiros, mentres que na película este acoso so se produce ao final). Pero é máis chamativo o contraste en dito final.
----------------------

O que me pareceu mellor do libro é a capacidade que ten para despistar ata o final, no senso de (espero que si o ledes, non vos condicione este punto de vista) semella todo o tempo que o protagonista é o acosado, o sobrevivinte a un holocausto, que ten que loitar fronte a unha amenaza mundial (no seu barrio en principio, pero él sabe -e nós tamén- que non hai ninguén máis coma él en todo o mundo) e que ten os días contados; pero só á fin se descobre (polo menos, é a miña opinión, seguramente influida pola miña visión científica do mundo) que o principio de supervivencia dos máis aptos se mantén nesta obra (Darwin, na súa teoría sobre a evolución das especies, expón que a natureza é a que, cos seus cambios, fai que se seleccionen diferentes especies segundo o seu grao de adaptabilidade, xa que os cambios na natureza fan que unha especie que estaba moi ben adaptada ata ese momento, pase a estar en desventaxa evolutiva, e sexa outra especie a que se seleccione).

Ben, isto é o que ao final eu vexo no libro. Prodúcese un feito que cambia as condicións da vida (da vida humana tal e como eran ata ese momento) polo que se produce un salto evolutivo e outra especie (á que pertence Ruth) é a que se atopa en mellor posición evolutiva, polo que Neville pasa a formar parte da lenda. Produciume un calafrio pensar en cómo lle contarían os pais aos fillos que o que facía Neville polo día (sacar aos vampiros ao sol, etc) e que para él supoñía a supervivencia; para eses pais "vampiros" supoñía unha ameaza mortal para as súas familias. Él, Neville, convertérase nunha amenaza para a nova sociedade...

Creo que esta idea (polo menos esta lectura que fixen eu da obra) é o que máis me sorprendeu.

Boa lectura!

Pd: Si chego a ver algunha das películas que puxen máis arriba comentarei qué me pareceu, pero a verdade é que non me apetece nada velas...

2 comentarios:

  1. Anónimo29/10/10

    Tienes que ver la peli de Charlton Heston es un puto clasico.
    la de Vincent Price es muy serie B.
    Las tengo las dos asi que si cambias de idea te las dejo.
    ZEKE

    ResponderEliminar
  2. Vas ter que deixarme a de Charlton Heston. A outra case que paso de momento.

    ResponderEliminar