Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


29/2/12

Ti procrastinas? Eu, tódolos días....

A primeira vez que oín o palabro este, pensei que era un neoloxísmo informático (o escoitei falando sobre o Facebook) pero a realidade é que o levamos facendo toda a vida (polo menos eu).

Segundo o diccionario da Real Academia Española, quere dicir "diferir, aprazar".


Existen tres tipos de procrastinación:
  • Por evasión, cando se evita empezar unha tarefa por medo ao fracaso. É un problema de autoestima.
  • Por activación, cando se posterga unha tarefa ata que xa non hai máis remedio que realizala. É un problema contrario al anterior.
  • Por indecisión, típico das personas indecisas que intentan realizar a tarefa pero se perden en pensar a mellor maneira de facelo sen chegar a tomar unha decisión.
Deberiamos deixar de procrastinar dunha vez, pero é tan difícil....

3 comentarios:

  1. Pois eu procrastino polas tres razóns, o cal me leva a pensar que son un procrastinador de pro, vamos un proprocrastinador

    ResponderEliminar
  2. Sinto? coincidir plenamente coa túa tese....

    ResponderEliminar
  3. Anónimo1/3/12

    Pois xa somos tres...

    Paula

    ResponderEliminar