Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


10/2/12

DESORIENTADO 32

Sempre se lle dera ben. Desde que tiña consciencia (que non conciencia), no orfanato todos os nenos lle tiñan medo. Ata os maiores, os máis teimudos, os líderes da paraxerarquía do orfanato lle tiñan medo. Non era nin polo tamaño nin polo aspecto físico (daquela o seu físico non se asemellaba ao de adulto. Era máis ben baixo e cunha faciana que ainda tardaría uns anos en descompoñerse cara aos lados e cara abaixo, como manteiga derretida, e que lle daba o aspecto actual de bolo crú). Era polos ollos, pola mirada que botaban eses ollos pequenos e azuis, como de porquiño miope e sen moita intelixencia, pero cheos de crueldade como so pode ter alguén a quen lle falta toda a capacidade de empatizar cos seus semellantes. De feito, a Suvorov o resto do orfanato o tiña considerado como “non humano”. A rapazada tentaba pasar desapercibida cando se achegaba a Suvorov, para evitar conflito. O conflito, cando chegaba (o que só dependía do grao de cabreo co que se levantaba Suvorov) non se limitaba a insultos ou empurróns, senón que calquera estímulo, calquera xesto ou aceno era usado como excusa para desencadear unha violencia calificada polo equipo directivo do orfanato como “desmedida para calquera persoa e máis para un neno da súa idade”. Isto supuxo o inicio da ruleta de traslados nos seguintes 10 anos entre orfanatos da rede transnitria, cunha estadía media de 7 meses, 7 meses nos que os orfos/as de transnitria se converteron no fato de galiñas entre as que soltaron un raposo tolo

No hay comentarios:

Publicar un comentario