Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


24/2/12

Existe un Deus informático? Sí, e se chama RECOVER MY FILES!!

Xa vos podedes imaxinar de qué vai o post de hoxe. Hai uns días entroume un troiano (ogallá ardan todos no inferno dixital) entrou no pc de casa. Como non fun quen de desinfectar o PC (pese a todas as instruccións dos foros que atopei) non me quedou máis remedio que formatar o ordenador...coa conseguinte perda de información, configuración de diversos programas, fotos, arquivos de son, de vídeo, etc...

Ben, era unha perda de información máis ou menos asumida, ata que atopei nun foro a referencia a un programa de recuperación de datos, RECOVER MY FILES. Xa postos, o probei e, sorpresa!!! recuperou a meirande parte do que xa pensei que perdera.

O programa en cuestión ten varias opcións para recuperar datos, polo que podedes caseque "personalizar" os tipos de documento a recuperar, os directorios a explorar, etc.

Iso si, aquí, abaixo de todo, teño que dicir que ainda que podes visionar os arquivos que o programa atopa, para poder gardalos (e recuperalos realmente) tes que mercar a versión full. Pero pode pagar a pena...






No hay comentarios:

Publicar un comentario