Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


3/2/12

sensacións

Son importantes as sensacións. MOi importantes, penso eu. E o domingo pasado, recuperei algunha sensación que facía moitísimo tempo non tiña.

Ando agora mesmo e por tempo indefinido metido nun lío que me atrae moitísimo. O asunto ten que ver coas carreiras de orientación e tamén coas bicis de montaña ou MTB. O das carreiras de orientación xa o probara hai tempo e sei que me gusta. O choio é sair cun mapa topográfico escala 1:10.000 da zona e buscar e "picar" unhas balizas. As balizas están sinaladas no mapa xunto cunhas indicacións esquemáticas. Tes que picar un número  concreto de balizas no menor tempo posible, sen saltar ningunha, e a verdade é que conta moito o factor sorte (ademáis da práctica na orientación con brúxula e demáis -forma física, etc). Con esas carreiras o paso moi ben, ainda que sempre teño un momento no que digo "que carallo fago eu aquí, no medio do monte, sen saber para onde tirar..."

Os raids combinan o anterior con distintas disciplinas: kaiak (sip, kaiak con balizas que tes que picar...), rappel, treking, MTB (bicicleta de montaña), tiro con arco, etc.

Vamos, que é para tolos... pero ímolo tentar este ano.

Ao que ía con todo isto é que para poder participar nos raids me tiven que facer cunha bicicleta de montaña (unha mountain bike das de sempre...) e sain estes días a probala. Xa non me acordo de cando foi a última vez que fun en bici polo monte, pero me decatei dunha cousa. É certo iso que din que tal ou cual cousa "é como andar en bici. Non se esquece". Comprobeino tanto nas duras como nas maduras. As duras fóron as subidas (que non é que fosemos polo Alpe D´huez....) se me fixeron durísimas... As maduras foron as baixadas. Esa sensación de vento na cara, de liberdade de movementos, de lixeireza (sobre todo despois da subida), iso, meus, é impagable.

4 comentarios:

  1. Si, si, para baixo o que queiras, pero xa sabes que todos os santos axudan. Pero, caghondiola!, para riba moito che pesa o cu ;)

    ResponderEliminar
  2. Si, si, para abaixo o que quiras, pero xa sabes que todos os santos axudan. Pero, caghondiola!, para riba moito che pesa o cu;)

    ResponderEliminar
  3. Jejejeje
    No 1º raid si que vas decir "que carallo fago eu aquí", verás senon..
    Eso si, unha vez remates o primeiro estaras enganchado de por vida.
    Digocho eu que inda recordo a primeira vez qiue participei eu que atorei nun cortafogos do onte Pindo en Carnota e se carro non me chega a sacar dalí inda estou hoxe.

    ResponderEliminar
  4. Iván,é que eu teño pensado ir só para abaixo.... sen freos!!!

    Para arriba cambiamos...

    Verde, non sei se me arrepentirei... xa te enterarás...

    ResponderEliminar