Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


27/5/11

Spartacus, Sangue e Area

Por casualidade un día me dixo Fran "esta serie é boa" e collín a 1ª tempada (e a única ata o momento) da serie Spartacus: sangre e area.

O primeiro que se observa é a estética, moi semellante (debido aos efectos visuais) á película 300, baseada nun cómic do grande Frank Miller (terei que poñer algún día un comentario sobre él). O que quero dicir con isto é que non vos esperedes que os cortes e feridas, aplastamentos ou perda de membros sexan elípticos. Non, se ve todo e a verdade é que se ve bastante ben. Cando levas 12 episodios deixa de impresionarte, pero non perde mérito o feito de que semellan reais. Esa é a razón de que unha que eu me sei non poida ver a serie...

O segundo que me chamou a atención foi o especial interés que puxeron os guionistas, directores, etc. no tratamento do sexo. A serie tampouco é para os púdicos. Se queredes ver sexo explícito, vexacións (de amo-esclavo, etc.), relacións homosexuais, etc. esta serie ten presente este elemento (o sexo) na vida dun ludus (e se supón de de toda a república romana) do século I. A.C.

Pero o que realmente me enganchou á serie non foi nin o sangue nin o sexo, senón as loitas de poder que suceden lonxe (non moito tampouco) da area. Loitas polo poder, por ascender de clase social, por pertencer ás élites que manexan a vida e a morte dos cidadáns aos que dicen representar.

Con todo, a serie ROMA, da que vin as dúas tempadas das que consta, recrea (ao meu humilde parecer) moito mellor a vida romana e tamén as intrigas que rexían naquel tempo.

Estou desexando facerme coa precuela de Spartacus: Gods of Arena, que recreará os momentos nos que o ludos de Batiato tentaba facerse oco en Capua, varios anos antes da chegada de Espartaco. Serán 6 episodios nos que se descubrirá a historia de varias das personaxes que aparecen na 1ª tempada, como Doctore, Crixo, Batiato e demáis. Esta precuela (moi de moda agora isto das precuelas e spin-offs) precederá o estreno (esperadísimo) da 2ª tempada de Spartacus: Sangue e Area, xa sin o seu protagonista ata o de agora, Andy Whitfield, aqueixado dun linfoma e en tratamento actualmente. O seu substituto será Liam McIntyre.

Unha pena, a serie se sostiña en grande medida (me parece a min) grazas aos duelos entre Andy Whitfield (Spartaco) e Manu Bennett (Crixo) e sobre todo con John Hannah (Batiato). Unha das personaxes máis carismáticas da serie para min é Peter Mensah (Doctore). Este último actor me impactou moitísimo, polo seu parecido ao actor do film orixinal, Woody Strode, que no film de Stanley Kubrik interpretaba a Draba, o gladiador que lle perdoa a vida ao Espartaco interpretado por Kirk Douglas.

Esa si que é unha película boa, a de 1960...


O que é a rede... buscando información para facer esta entrada, entérome que non só na segunda tempara non aparecerá o actor protagonista (debido aos seus problemas de saude) senón que a actriz que interpretaba a Naevia, da que se namora Crixo, non aparecerá tampouco na segunda tempada (non renovou o seu contrato). Estánlle a buscar substituta... pero comezan a ser demasiados cambios....

2 comentarios:

  1. Anónimo27/5/11

    Para min a mellor personaxe da historia é Nick E. Tarabay - Ashur un fillo de p&%$ retorcido.:-)
    ZEKE

    ResponderEliminar
  2. Tes razón, esa personaxe é das mellores que vin. Ademáis, os guionistas van pouco a pouco revelando todo o potencial que ten...

    ResponderEliminar