Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


20/5/11

DESORIENTADO 26


_Que foi iso?
_Joder, nin idea! Pero semellaba ser grande de collóns! Dimitri seguía enfocando ao último lugar no medio do lago no que se viran as ondas. Nada, nin ruidos nin sinal algunha de que 30 segundos antes algo, algo máis grande do que ata o momento se describira a esta profundidade se afundira nun lago subterrano de dimensións descoñecidas.
Meu, eu non tiña ata ese momento ningunha inquietude cando descendía ás grutas. Sempre me deu igual se estaban inundadas ou non; iso só supoñía diferenza no equipo co que entras á exploración e cartografía espeleolóxica. Pero isto, isto superaba en moitos enteiros as miñas espectativas.
Mentres anotabamos as coordenadas no mapa topográfico, notei que non só a mín me tremían as máns. Dimitri estaba mudo e pálido. Se non fose por onde nos atopabamos, escacharía coa risa, xa que, como dicía meu pai, “estás pálido meu, non cagaches??” pero nese intre o que menos me apetecía era rir e moito menos montar balbordo.
Fomos retrocedendo pouco a pouco, moi de vagar e aproveitamos a luz das linternas para observar de novo as paredes e o teito do tramo que daba entrada ao lago. Dalgún xeito os dous tiñamos na cabeza a posibilidade imposible de que si algo era quén de facer ondas nun lago subterráneo no que nunca se describiran especies animais ou vexetais, por qué non podería arrastrarse fóra da auga?

No hay comentarios:

Publicar un comentario