Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


3/5/11

Bildu non irá ás eleccións

Partindo de que é totalmente certo (e non pretendo outra cousa) que non teño nin idea de política, hoxe me produce algo de tristura enterarme que a coalición BILDU non poderá concorrer ás eleccións municipais e autonómicas do 22 de maio.

Sei que isto pode entenderse de moitas formas e vou tentar explicarme. Creo firmemente no diálogo e na NON VIOLENCIA, de calquera tipo, e neste caso, non estou de acordo coa violencia terrorista de ETA. Non comparto a idea de que ETA  a través dos membros elixibles integrados na coalición BILDU poida estar representada e con acceso a información moi sensible nos concellos do País Vasco. Considero que a única vía que se pode admitir para que esa xente se integre na democracia é a renuncia expresa e sin condicións a toda clase de violencia e a condena expresa de toda clase de actos violentos e/ou terroristas.

Agora ben, tendo en conta o anterior (creo que queda clara a miña postura) digo o da tristura porque BILDU non concorra ás eleccións xa que nesa coalición na que se integran candidaturas sospeitosas de estar relacionadas ou ser continuación de HB tamén se atopan partidos democráticos que sempre condenaron a violencia e que representan a unha facción da poboación. Iso supón, ao meu modesto entender, impedir exercer un dereito democrático a un certo número de xente de poder elixir aos seus representantes, sempre que estes respecten o estado de dereito.

Complicado o tema... non quero nin pensar que diría eu si se tivese en conta o que diga eu...
De momento, o Tribunal Supremo non deixa concorrer ás eleccións a esta coalición. Agora lle toca ao Tribunal Constitucional decidir sobre o mesmo...

3 comentarios:

  1. A min me parece que é moi perigoso ilegalizar a maneira de pensar de preto de 200.000 persoas. Estemos ou non dacordo.

    me parece lóxico que se persiga a aqueles integrantes que se demostre que estan vinculados coa ETA, pero nunca xamais se debe ilegalizar una maneira de pensar.

    ResponderEliminar
  2. totalmente de acordo, Verde. Agora toca ver qué di disto mesmo o T. Constitucional...

    ResponderEliminar
  3. Hoxe saiu o fallo do T. constitucional aprobando as candidaturas de Bildu. So o tempo dirá si esto foi un acerto ou non, pero creo que nun estado de dereito garantista se deben asegurar dereitos fundamentais como poder presentarse a unhas eleccións ou escoller a uns representantes que respecten as normas de xogo.

    Sorte!

    ResponderEliminar