Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


26/5/11

Movemento 15-M

É unha cousa ben desconcertante para toda a clase política que un número significativo de persoas se estean a manifestar desde o día 15 de maio nas principais cidades do país de xeito pacífico, protestando contra esa mesma clase política que non sabe qué facer fronte a unhas concentracións cada vez máis numerosas  de xente INDIGNADA co sistema político, co sistema financieiro e, en xeral, descontenta coa súa situación actual e futura, de seguir nas mesmas.

Polo que parece, de momento non se manifestaron a favor ou en contra dun determinado(s) partido(s) pero non se descarta que no futuro se convirtan nun movemento político.

No que respecta ao presente, teñen a miña admiración e o meu apoio, ainda que teño que recoñecer que eu non fun a acampar a ningún sitio. Pero non por iso deixo de estar de acordo co que propoñen. Atopei información na wikipedia sobre esta revolución social pacífica, que ogallá consiga algún resultado.

Estaremos ahí para apoialos e para velo e participar del.

No hay comentarios:

Publicar un comentario